Ola Clara
Eu son Óscar e teño 12 anos , son do colexio IES Félix Muriel.
Teño un can, dous gatos e algún que outro paxaro .
Vou a música e toco a trompeta .
A ti gústache a música?
Ola! ,son Martin Rodríguez, teño dezaseis anos e estudo 3ª da ESO.
Encántame andar no ordenador e tamén facer deportes, o meu preferido é o piragüismo que o practico casi toda a semana.
Son algo alto e non me considero moi gordo. Non bebo, non fumo, aínda que antes o facía; deixeino hai un ano e estou moi orgulloso de ter deixado iso.Aínda que me ofrezan, dubido moito que volva porque llo prometera a unha gran amiga e nunca volverei.
Ola chámome Alex e son un rapaz de 12 anos e en outubro cumpro 13.
Son algo baixo, pelo negro, e ollos marróns.
Gústame xogar ao fútbol, ao tenis, pero o que máis me gusta e o deporte que máis fago é o piragüismo.
Eu quero coñerte.¿Ti a min?
A actividade iniciouse como calquera outra no noso I.E.S.: ás nove e vinte collemos o autobús. Durante o traxecto pasámolo moi ben, e en cuestión de vinte minutos aproximadamente chegamos a Santiago de Compostela. Os profes deixáronnos cousa de trinta e cinco minutos sós ás voltas por Santiago.
Ás once e media iniciouse o espectáculo; a obra entendíase ben (case á perfección), pois os actores tiñan un inglés moi fácil de comprender.
A acción desenvólvese nun hotel. Este abre as súas portas ese mesmo día; pero mentres non chegan os hóspedes, a dona prende a radio na que se comeza a emitir “unha obra para radio”que conta o asasinato dunha muller en Londres, e di como vai vestido o asasino. Cando comezan a chegar os hóspedes, a dona fíxase en que todos eles traen as mesmas vestimentas (as vestimentas que anteriormente se dixo na radio que levaba o asasino). No desenvolvemento da obra, chega ao hotel un home que di ser policía de Londres, que lle di á dona que o asasino da muller (da que se falara na radio) estaba escondido entre os hóspedes do hotel.
O policía vai interrogando aos hóspedes un a un; pero nun momento dado prodúcese un asasinato: unha muller que noutros tempos fora xuíza aparece morta. Despois dun momento de tensión, o policía intenta matar á dona do hotel; pero unha das hóspedes evita que iso aconteza. A explicación, que se coñece ó final, é a seguinte: esta muller era irmá do policía, quen non era quen dicía ser, senón que era un dos rapaces que a xuíza que mataron lle otorgou á muller que fora asasinada en Londres. A dona do hotel fora a profesora dos rapaces, e o rapaz (xa adulto), quixo asasinala por non facer nada en contra dos malos tratos que sufrían .
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Todo o alumnado do IES Félix Muriel
- O profesorado (profes, animádevos!)
- O persoal de servizos
TEMA
Os participantes deberán escribir unha carta de amor, en prosa ou en verso.
Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa do IES Félix Muriel (gústache ese rapaz tan guapo de 2º de Bacharelato, tes un amor secreto en 3ºESO, mólache o conserxe, un profe ou a secretaria?) ou a calquera outro destinatario (a Shakira, a Beyoncé, a Rafa Nadal, a Obama, a Castelao…).
O estilo e contido da carta quedan á elección do/da concursante: poden ser doces e románticas, pero tamén cómicas, irónicas ou satíricas. Tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.
LINGUA E EXTENSIÓN
As cartas deberán estar escritas en galego.
A extensión da carta é libre (prégase non superen as 4000 páxinas).
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Os sobres botaranse á caixa para a recollida de cartas de amor que se colocará na zona de conserxería. O prazo límite de entrega será ata o XOVES 10 DE FEBREIRO.
PRESENTACIÓN
- As cartas asinaranse cun pseudónimo (non co verdadeiro nome!).
- Entregaranse nun sobre pechado. Na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, Amante bandido).
- Dentro do sobre grande introducirase tamén outro sobre máis pequeno (plica), no que figurará, por fóra, o pseudónimo do concursante e dentro os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.
XURADO E FALLO DO CONCURSO
O xurado estará composto por profesores e por alumnos pertencentes ao Equipo de Normalización Lingüística do IES Félix Muriel.
PREMIOS
- 1º premio: un lote romántico que determinará o xurado.
- Un pequeno agasallo para todos os participantes.
QUERES QUE O TEU ‘AMOR’ RECIBA A CARTA?
- Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.
- Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
“Carta para entregar + nome e clase do destinatario”.
- A entrega de cartas de amor realizarase o LUNS 14 DE FEBREIRO, no 1º RECREO (no local de Normalización)
FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS
Participaches e queres recibir o teu agasallo?
Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso?
Ven á entrega de premios o VENRES 18 DE FEBREIRO no 2º RECREO no local do EDLG.
(Para dúbidas con respecto ao concurso, pasa polo local do EDNL)
Antecedentes
A filosofía do Comercio Xusto é mellor que a axuda dos países centrais aos países en vías de desenvolvemento, consiste no establecemento de relacións comerciais éticas e respectuosas, e promove o crecemento sostible das nacións e dos individuos. Máis que polas entidades oficiais ou estatais, o Comercio Xusto é impulsado e practicado por millóns de persoas solidarias en diversas partes do mundo. Aquí as chamadas “Tendas do Terceiro” cumpren un rol decisivo, a través de voluntarios que nas súas horas libres apoian a venda de produtos como Café de Colombia, Ron de Cuba, Mel de Chiapas, Quinua de Bolivia e Perú, etc.
Windows 8 prepárase para chegar en 2012 co seu concepto “Desktop as a Service” revolucionando o que entendemos como sistema operativo, ofrecendo un contorno moito máis virtualizado.
Hai apenas un ano que saíu Windows 7 coa función de reconciliarse cos usuarios tras a mala experiencia que aportou o Windows Vista, e como soe ser habitual, tras o lanzamento dun produto empézase a falar da seguinte versión. Neste caso da nova versión de Windows, á que chamamos Windows 8 pero que probablemente se chamará Windows Next, chegará previsiblemente en 2012, traerá a súa propia tenda de aplicacións e incorporará funciones na nube.
Microsoft Office 2010 (nome en código Office 14) é una versión da suite ofimática Microsoft Office de Microsoft e sucesora de Microsoft Office 2007. Office 2010 inclúe compatibilidade estendida para diversos formatos de arquivos, actualizacións da interfaz de usuario, e una experiencia de usuario refinada. É compatible con Windows XP SP3 (32-bit), Windows Vista SP1 y Windows 7. Por primeira vez e coa introdución de Office 2010, a suite está dispoñible nunha compilación para arquitecturas de 64 bits, aínda que só para os sistemas operativos de núcleo NT 6.x, como Windows Vista, Windows 7 e Windows Server 2008/2008 R2. Os sistemas operativos de 64 bits anteriores de núcleo NT 5.x como Windows XP Professional x64 Edition e Windows Server 2003/2003 R2 non están soportados oficialmente.
Office 2010 marca o debut de Office Web Apps, unha versión gratuíta que inclúe Word, Excel, PowerPoint y OneNote a cal funciona directamente en navegadores web. Unha nova edición de Office, Office Starter 2010, substitúe o software de produtividade Microsoft Works. En dispositivos móbiles, Office Mobile 2010 estará dispoñible en equipos Windows Phone con Windows Mobile 6.5 y Phone 7.