Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Administrador'.

   
Con motivo da celebración das Letras Galegas, un ano máis o EDLG, organiza unha Semana cultural na que se pretende homenaxear ao persoeiro escollido pero na que tamén entran outras actividades dinamizadoras da lingua.
O programa deste ano é o seguinte:
Luns 9, ás 12,30: Ateliê de portugués, impartido por Valentim Fagim no que vai amosar as posibilidades que temos co galego para comunicarnos fóra das nosas fronteiras a través do portugués. (4º ESO)
Martes 10, ás 10,30: Charla con Carlos Negro sobre a súa obra Makinaria (4º ESO).
Mércores 11, ás 12,30 e ás 13,20, vanse desenvolver dous obradoiros consecutivos para o alumnado de 1º de bacharelato para traballar prexuízos lingüísticos. (1º BAC)
Xoves, 12, ás 11,20 e ás 12,30, o actor noiés, Serafín Marcos, representará o seu espectáculo sobre a vida e a obra de Lois Pereiro (1º, 2º e 3º ESO)

Durante toda a semana realizaranse actividades nos recreos, no curruncho das Letras galegas, situado no corredor central do edificio, que van desde o visionado de vídeos sobre o autor, á lectura de poemas por parte do profesorado e mais do persoal non docente.
Toda a comunidade educativa participará nunha actividade que pretende unha reflexión sobre o significado Día das Letras Galegas a través dun cuestionario que está situado no punto das letras galegas e que contén as seguintes preguntas:
•      Por que cres que hai un Día das Letras Galegas?
•     Que opinarías se se cambiase o Día das Letras Galegas por outro día?
•     Que pensas que se consegue cos actos organizados arredor da figura homenajeada o 17 de maio?
•     Que razóns pode haber para escribir poesía en galego e non facelo en castelán que ten máis público?

Estas cuestións pode respondelas calquera no noso blog (www.blogoteca.com/ocastelodalua) e na nosa revista (www.bicodaria.com). Coas respostas elaboraranse as oportunas conclusións que serán difundidas na revista Bico da Ría e no blog O Castelo da Lúa.

 

Comezamos hoxe coa primerira actividade da Semana Cultural das Letras galegas cun obradoiro sobre o portugués impartido por Valentim Fagim Os destinatarios foron os/as alumnos/as de 4º da ESO, que comprobaron que co galego teñen moitas posibilidades de entenderse no mundo lusófono.

 

 

 

Entre hoxe e mañá un grupo de alumnos/as de 1º Bacharelato van  facer unha exposición de Lois Pereiro por tódalas aulas de secundaria e lerán unha escena da obra de teatro que escribiu Marcos Calveiro sobre o autor na que se representa a súa época moza e o seu gusto pola literatura, sobre todo pola poesía francesa.

Hai un ano, tres compañeiros do noso instituto viaxaron a Korzcyna, Polonia. Meses despois, dúas alumnas visitaron Kos, Grecia. E agora do 2 ao 7 de maio,catro rapaces do IES Félix Muriel acompañados por dúas profesoras, faránunha estancia dunha semana en Nordhorn, Alemaña. Alí vivirán cunha familia alemana, compatirán vida escolar e visitarán a cidade e mais outras localidades próximas alemanas e holandesas como Groningenk, Onabrük e BadBentheim.

Nestes últimos meses o alumnado integrado no grupo estivo ocupado elaborando fundas para os trípticos, buscando información e sobre todo producindo un corto en inglés para levar a Alemaña usando o glosario en dez linguas elaborado conxuntamente por todos os centros da asociación.

Grazas ao Comenius, algúns rapaces teñen a sorte de poder ter contacto co inglés e con outraslinguas, de coñecer xente e países novos, e de vivir experiencias que serán inolvidables.

O martes, día 22 de marzo a cuarta hora da mañá o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistimos a unha charla realizada por un profesor de Oxford que trataba sobre datos históricos dos distintos continentes do mundo. Comezou por Europa e seguiu por América do Sur, África, Oceanía,  acabando por América do Norte.

O xoves día 20 de Xaneiro produciuse unha saída a Santiago para asistir a un concerto e unha exposición de fotografía chamada “Korda. Coñecido, descoñecido”.
A audición comezou ás 11:00 onde se interpretaron temas compostos por Johann Sebastián Bach durante varios anos da súa vida. O director do concerto comezaba cada obra explicando o que se ía a tocar e as características da peza, o que se demostraba logo cando os músicos comezaban a tocar.
O concerto durou aproximadamente unha hora na que se tocaron varias pezas con distintos instrumentos.
A exposición de fotografía recollía unha pequena parte de toda a recompilación de fotografías da vida de Korda, que é coñecido pola famosa foto do Che Guevara. Había fotografías, tanto da etapa na que fotografaba no seu estudio nun piso de Cuba, como daquela na que se introduciu nas expedicións de Fidel Castro fotografando a pobreza do pobo e o poder do xefe Fidel.

151 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  | 8  |   | 19  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.