Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Administrador'.

 
 Un alumno e unha alumna de 3º ESO len “A orella dereita de Antón de leivas”

 

 

 Carolina Oubiña, de 2º de Bacharelato, leu “A voadora de Serantes”

 

Pilar Pérez, profe de tecnoloxía, leu un poema de Mar ao norde.

Con este cartel anunciamos na entrada do centro a actividade:

 

 

Alejandra Picón participou na modalidade de contacontos, recreando a historia do cabalo de Alberte Merlo.

 

 

 

Amalia, profesora de latín, leu un texto de “Os outros feirantes”

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A ex alumna Raquel Ramos que está estudando 3º de Audiovisual veunos a presentar os seus traballos e explicounos como se facían.

Este foi o xurado do noso concurso de lectura: Maroño (profesor de Lingua castelá), Lali (profesora de Historia), Pepa (profesora de Física e Química) e Alba Quintáns (alumna de 1º Bach)

 

Aquí podemos ver ás dúas premiadas do concurso de recitado: Sara e Carolina Oubiña

 

 O día 19 de maio veu ao noso instituto Serafín Marcos a facernos unha performance de Lois Pereiro. No espectáculo trataba de representar a vida de Lois Pereiro dando datos da súa infancia, adolescencia e de cando era adulto sen que fora unha charla rollazo como moitas outras. Un día antes do espectáculo déronnos un papel onde estaban os poemas que él ía recitar estes eran:
-Intonarumori
-Prepared piano
-Prayer
-Dous minutos nun baile de derviches
Durante todo o espectáculo foi recitando estes poemas nunha orde coincidindo coa vida de Lois Pereiro.

O día 10 de maio, estivo no noso IES Carlos Negro o autor do libro: Makinaria. Que nos demostrou o que pode cambiar un libro dependendo de como se conte, e quen o conte.

 

O autor leunos o libro, nomeado anteriormente, colocando uns cochiños de xoguete que simbolizaban os mortos entre 18 e  30 anos nas estradas de Galicia durante un ano. O libro, fala sobre as festas que os mozos montan os sábados, e a irresponsabilidade que teñen ó conducir baixo os efectos do alcohol. Acompañamos a lectura de Makinaria, cantando un dos poemas que compón o libro.

151 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | 6  | 7  |   | 19  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.