Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Administrador'.

O seu nome é Lisardo Abelleira. Pertence ao equipo de rallye abe sport no que comparte protagonismo co seu irmán Ángel. Ata esta tempada (empeza no mes de marzo) pilotaba como só el sabe facer o seu Peugeot 205 (foto ao final) pero a partir de agora non será así, xa que cambia de coche . O próximo mes de febreiro celebrarase a presentación do novo coche, á que por suposto estades convidados, se queredes saber cal é antes de que empece a tempada no mes de marzo co “rallye do cocido”. Tamén grazas a uns amigos de Taragoña participara no autocross cun AX.

< ![endif]-->

Ola!!!!

 

 

Chámome Goretti.

 

Teño 15 anos e levo no equipo de normalización e dinamización dende hai dous anos.

As miñas afeccións son tocar o saxofón na “BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO”, oír música, xogar ao xadrez, e xogar ao fútbol. Gústame estar coas miñas amigas e pasar as tardes sen facer nada…….divertíndome con meu irmán ……pelexando con el, e xogando ……… Gústame a choiva, só que non me gusta mollarme polas mañás cando teño que ir para a parada.

< ![endif]-->

SAÚDOS!!!!!!!

Chámome Esther, unha rianxeira moi guapa de 18 anos, jeje. Vou en 1º de Bacharelato, por mixtas, aínda que debería de ir en 2º, ejem…, iso si, aínda que pareza contraditorio gústame moito estudar.

OLA ¡!¡!  

Que tal??

Esperamos que por aí estea todo ben.

Somos Uxía e Carmen temos 15 anos. Estamos en 3º de ESO aínda que teriamos que ir en 4º, somos pouco estudosas sobre todo Carmen.

O cantautor cubano interpretou este sábado xunto ao músico Emilio Batallán os versos ‘Do mar pola orela’ e ‘O Maio’ para homenaxear a Curros Henríquez e Lorenzo Varela con motivo do 30 aniversario da sua morte.

Según o prefesor Gregorio Ferreiro os homenaxeados foron poetas, xornalistas e persoas comprometidas co movemento histórico que lles tocou vivir e cualificaounos de grandes humanistas que entenderon que podían contribuír a que o mundo fose mellor.

No acto tamén participou o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, que agradeceu a presenza dunha “das voces máis poderosas de América Latina e trazou un paralelismo entre a poesía “civil” de Curros Enríquez e a de “combate” de Lorenzo Varela.

Ademais, actuaron Mini e Mero, do grupo A Quenlla, que contan no seu repertorio con outras versións de Curros Enríguez

Esperanzas, esperanzas

Pranto da noite e do día,

Busca o solpor e achégate

Ó amor, á dor, ó sentir do

Corazón.

 

Este torneo, organizado polo vicedireitor Rafael Saco, tivo lugar o 28 de outubro, co fin de que todos aqueles que tiveran nocións de xadrez puidesen poñerse a proba retando a Manuel Abuín, varias veces campión de Galicia de xadrez, que agora imparte clases no Club de xadrez de Rianxo dous días á semana, coa finalidade de formar un equipo.

151 Artigos |   | 1  |   | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.