Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Administrador'.

Bótanlle a culpa á idade, din que é unha fase de rebeldía, que cando maduremos, cambiaremos radicalmente a nosa forma de ser, que non seremos os mesmos duns anos antes. Din que non nos preocuparán as parvadas de agora, e que valoraremos máis o que temos.
Eu o que digo é que os mozos somos máis maduros do que parece, gritamos para facernos escoitar e temos que aproveitar estes momentos porque nunca xamais estaremos así de vivos.
Miramos cara o futuro co mesmo medo, coas mesmas esperanzas, soños, ilusións e paixóns que calquera adulto do noso redor.
Nós podemos cambiar o mundo dándolle un novo sentido, non só somos os egoístas que todos pensan. Somos persoas que poñemos o mellor de nós en cada tarefa que facemos, que valoramos cousas que despois non se terán en conta, que gozamos con detalles insignificantes que nos enchen de felicidade. Choramos por todo e por nada. Rimos sempre e nunca.
Somos nós. O futuro. A incerteza. A esperanza.

Ola a todos:
Chámome Brais. Estou no último ano neste instituto, xa que marcho para Ribeira. Teño dezaseis anos e cumpro dezasete o día catorce de febreiro.
Son alto, delgado e rubio. As miñas afeccións son: pasalo ben coa peña e todo o relacionado co mundo do motor. Actualmente participo en tres equipos cun total de catro coches, facendo asistencias e mecanicamente, ademais estoume preparando para o ano que vén poder competir.
Xa nos coñeceremos, ata logo.

Ola!
Chámome Patrii, teño 16 anos e vou en 3º ESO por un problemiña, ha, ha…
Encántame escoitar música, e gústame o rap, o reggeton, street e pop. Tamén me gusta saír cos meus amigos toda a fin de semana e ir ata os pubs e discotecas a bailar.
Non me gusta a xente falsa xa que eu sempre digo as cousas á cara. Son divertida e mólame moitísimo facer rir á xente.
Espero que nos amiguemos.

Ola!
Chámome Nerea e teño 15 anos. Teño moitas afeccións. Gústame moito a música, e as miñas series favoritas son 18, LHDP, Física o Química?… A música que máis me gusta é a de Rihana, Melendi (“Un violinista en tu tejado”) e moitos máis. Os meus “protas” favoritos son os de Fama, 18, F.o Q?, Los hombres de Paco e El internado.
Os meus amigos e amigas son Ana, Sara, Adrán, Nacho, Tamara, Anastasia, Miriam.., aínda que algúns non van ó intercambio.

Ola!
Chámome Nacho e vou en 3º ESO. Considérome un rapaz sociable, iso si, a teimudo non hai quen me gañe. Gústame facer deporte, sobre todo baloncesto e tenis. O fútbol non me interesa.
En canto á musica, só lle poño obxeccións ó heavy metal, que máis que música é un monte de ruído, e ó reggetón.
Espero coñecervos. Ata pronto!
PD: tendes sorte de que isto vaia a ordenador e non teñades que ver a miña letra.

Ola!
Chámome José Ángel. Teño 12 anos e estudo 1ºESO. Son membro do ENDL desde este curso. As miñas afeccións son a informática, e tamén me gustan os nenos pequenos. Non me gusta o fútbol. Teño moitos amigos e amigas. No equipo colaboro consultando vocabulario nos dicionarios para o proxecto “No meu mar na miña lingua”.
Adeus.

Ola!!
Chámome Estefanía, teño 15 anos (16 en maio), nacín en Madrid e vin vivir a Galicia haberá uns 6 anos.
As miñas afeccións son moi fáciles de describir: gústame pasalo ben. Agora en serio: gústame o rock e o metal, pero tamén escoito algo de rap.
Dos deportes que podo dicir… gústanme a maioría pero destacan o baloncesto, fútbol, tenis e todo o que teña que ver con saltos como o skate, bmx, motocross etc..
Déixovos!

Ola!
Chámome Elisabet. Teño 14 anos e vou en 3ºESO. Son unha rapaza moi sociable, aínda que non me gusta que me leven a contraria. Gústanme os deportes como o baloncesto, o tenis e o voleibol. Tamén me gusta a música; a que máis, o pop, o reggeton, o techno e metal sinfónico.
Os meus grupos favoritos son: El canto del loco , Nig…, e os meus cantantes preferidos son: Britney Spears, BeyoncéE, Lady Gagá… A música que non me gusta é o “heavy mtal”, xa que considero que é máis ruído que un estilo de música. Tampouco me gusta ler, pero si que lin a saga Crepúsculo.
Espero vervos logo!
Elisabet

151 Artigos |   | 1  |   | 9  | 10  | 11  | 12  | 13  | 14  | 15  | 16  | 17  | 18  | 19  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.