Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'abonado'.

‘Acción de Verán’ é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros. As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

            

A obra sitúase nos anos 20 ou 30, na emigración dos galegos a América, por falta de recursos. Esta historia sucede nunha aldea de labregos dirixida por un señor que fala castelán. A aldea é moi pobre, como pobre é a familia dun neno labrego chamado Balbino. Este neno é labrego, pero esto non lle impedirá que lle sucedan aventuras que recolle no seu caderno. É un neno valente, aventureiro e pícaro. Pensa moito no mundo e o reflexa na súa vida como labrego. Ten un irmán chamado Miguel que marchou para América  na procura de traballo. O seu mellor amigo chámase Lelo e tamén tivo que ir para América.  O que máis lle molestaba a Balbino era que cando na aldea se celebraba unha festa, el sempre tiña que quedar na casa pois estaban de loito pola morte do seu padriño. Tantas gañas tiña de saír que houbo unha vez na que fuxiu da casa para ir á festa cos demais nenos, pois, mentres el estaba na casa, víaos xogando dende a súa ventá. A súa nai obrigábao a ir todos os domingos á misa para que orara polo seu padriño. Isto a Balbino non lle gustaba nada . El prefería estar cos amigos xogando e pasándoo ben como facían os demais rapaces.   

2 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.