Onte, día 7 de abril, Héctor Cajaraville achegouse ata o Ies Félix Muriel para falarlle ao alumnado de segundo de bacharelato sobre o seu percorrido como escritor. Estivo falando principalmente sobre o seu primeiro libro De remate o cal lle serviu como punto de partida para orientarse no mundo da escritura. Esta obra foi, lida en 2º de Bacharelato no segundo trimestre, conta a historia dun xornalista a través da combinación de diferentes tipos de textos: artigos, o seu diario persoal…
Dende o inicio dos tempos existiron os muros, os seres humanos amontoaban pedras para protexerse dos animais salvaxes, creando así as paredes das súas primeiras casas, logo comezaron a cercar áreas máis extensas para protexerse ó mesmo tempo doutros seres humanos, nacendo así as primeiras fortificacións.
Déixovos aquí as miña crónica sobre a vistia realizada polo sociolingüista Anik Nandi, o pasado xoves 19, ao noso Ies.
A conferencia comezou coa presentación do mesmo por parte dunha compañeira de 2º de Bach e continuou cun ton amigable, entusiasta e sinxelo por parte do bengalí que levantou en min unha profunda admiración por este home. A través dunhas diapositivas comparou a situación sociolingüística da India coa de Galiza e finalizamos cunha ronda de preguntas na cal ó comezo todos estabamos cohibidos, pero que pouco a pouco fomos participando, ata que finalmente o tempo resultounos insuficiente.
O pasado 21 de decembro celebrouse, no noso IES, unha xornada adicada a realizar unha xincana para dar a coñecer a música galega. Nesta, organizáronse diversas actividades destinadas a despertar o interese do alumnado pola música propia de Galicia, debido a que moitas veces esta é ignorada á hora de ampliar coñecementos e gustos, chegando […]
A día de hoxe, principios de decembro de 2016, seguimos camiñando sobre a incertidume ao descoñecer que é o que nos agarda en xuño aos estudantes de segundo de Bacharelato, os rapaces e rapazas da xeración do 99 séntense desprotexidos ante unha Lei que tenta rematar coa liberdade educativa e crear un futuro elitista.
Na actualidade o debate existente entre as Ciencias e as Letras atópase no seu máximo esplendor debido a implantación da nova Lei educativa, a LOMCE, que impide que estes novos camiños se volvan a entrelazar e crea unha fenda insalvable. Vivimos nun mundo capitalista, marcado polo consumismo, onde cada día é mais demandado o móbil […]