Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Laura'.

Onte pola mañá, escoitei na radio unha noticia que me chamou moito á atención. A noticia falaba de que nun hospital de Cataluña os médicos podían falarlle aos pacientes en catalán, aínda que estes non o entendesen. E isto fíxome reflexionar, o pouco que podía a esas horas da mañá, sobre o feito de que en Cataluña os médicos poden facer iso mentres aquí, en Galicia, un libro que cita textualmente o artigo 5º do Estatuto de Autonomía é censurado.

A medida que foi entrando a mañá fun desenvolvendo diferentes razonamentos, os máis deles tiñan que ver con razóns pouco certas, xa que estaban relacionadas cos prexuízos que tiña sobre a xente desa comunidade, poise u sonvos do Real Madrid; pero logo cabilei que todo isto débese a que os cataláns, cando se realizou a lei de normalización lingüística, non tiñan ningún tipo de prexuízos arredor da súa lingua, tiñan bastante claro que o catalán era o seu idioma.

1 Artigos
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.