Imaxe de cabeceira
Todos os artigos de 'Aldara'.

Logo de ver os documentais sobre o uso da nosa lingua no ano 2008, e de recoller datos nos informes do IGE sobre a situación da lingua galega na actualidade e comparándoo co
anterior informe deste Instituto cheguei á conclusión de que non hai futuro para a lingua
galega.

Actualmente, a mocidade galega fala cada vez menos galego, debido a que é posible
desenvolverse social e academicamente e a que temos máis prestixio se falamos o castelán, porque é considerada a “lingua de moda” ou de “cidade”, ca que podemos chegar máis lonxe.
A parte dos prexuízos sobre a lingua, o problema da diminución de falantes ven tamén
porque é posible vivir en Galicia e non utilizar nunca o galego, porque non é necesario para
a vida cotiá. Tamén no caso da mocidade ante o ascenso de falant0417531001238158658-outro-cadrino-do-carrabouxo-no-que-se-explica-ben-o-que-callon-opina-do-debate-errado-do-bilinguismo-tirado-do-seu-blog-persoales en castelán, resulta
moi difícil manterse falando unha lingua diferente.
Dentro do mundo actual existen moitas linguas diferentes, cada unha delas cunha identidade e cunha cultura e tradicións propias, que son as que fan que exista a diversidade cultural. Se comezan a rexeitar estas linguas, a deixar de falalas e a substituílas por outras acabaremos nun mundo onde se fale unha única lingua, un mundo no que non haxa diferencias culturais, no que non haxa diferentes interpretacións da realidade. E isto está sucedendo co galego, se deixamos de falar o galego en Galicia, perderemos a nosa cultura, o que nos fai diferentes.

Por Paula Cambeses e Aldara Muíños

cartel-certame-VIIIO próximo sábado 15 de novembro celebrarase no Auditorio de Galicia o VIII Certame Galego de Bandas, aberto a bandas de toda Galicia. Despois de moitas horas de ensaios e concertos previos, a Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo participará na terceira sección.  O concurso divídese en tres seccións: terceira sección, ata un máximo de 50 músicos, a  segunda de 51 a 70 músicos e primeira de máis de 71 músicos.  En cada categoría pode haber un máximo de cinco bandas participantes.

Todas as bandas participantes teñen que tocar un  pasodobre (fóra de concurso) , unha obra obrigada  e unha obra de libre elección.

Queres aprender a bailar, a tocar a pandeireta, a percusión, a gaita ou o acordeón? Pois xa está aberto o prazo de matrícula para inscribirse en Vai de Roda! Hai diferentes grupos organizados por idade e nivel, a partir dos 5 anos. Ademais é un curso moi especial porque celebramos o X aniversario da nosa […]

Aida, Aldara e María O pasado 7 de maio, recibimos no IES ao alumnado de Burela que participa con nós no intercambio. Cando chegaron ensinamoslle o centro e logo subímolos o salón de actos onde lle  interpretámos  A Rianxeira e Lela, e contámoslle o traballo que realizamos durante os cursos nos que leva activo o […]

realizado por: Aldara Muíños Rodríguez, Cinthia Carou González, María Domínguez Pérez

 

Dentro do proxecto Comenius no que estamos participando varios alumnos do IES Félix Muriel, organízanse visitas aos diferentes países.

IMG_8182

Comezamos coa primeira  a Sesimbra, Portugal, neste Entroido. Alí,  tres alumnas reunímonos co alumnado turco, alemán e portugués.

O sábado 15 de febreiro veu Sés, unha cantante galega da Coruña, a facer un concerto no auditorio de Rianxo.

O concerto comezou ás nove da noite e desde as oito e media comezou a entrar o público, que encheu o patio de butacas. Cantou cancións do primeiro disco, como “Tempestades de sal” e “Admirando a condición” e mais do segundo, por exemplo “Co xenio destrozado”.

Por fin está listo o noso vídeo de presentación para o  Comenius.  Gravámolo no instituto durante a última semana do primeiro trimestre e Xohán, o profesor de  Educación plástica e visual encargouse de montalo. En breve teremos o segundo vídeo editado, que conta coa presentación de catro alumnos máis que se apuntaron ao proxecto.

A semana pasada realizamos a votación para escoller o logo do proxecto Comenius deste ano. Cada país presentaba un e despois entre eses escolliamos o mellor.

Debido a un problema técnico non puidemos facelo en videoconferencia, así que gravamos os noso votos nun video e mandámolo aos outros países.

Cando tivemos todos os votos realizamos outro vídeo no que anunciamos o gañador. O logo que gañou foi o de Portugal. Noraboa!! Podédelo ver nestoutro vídeo:

19 Artigos |   | 1  | 2  | 3  | 
*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.