Festa do Equipo de Normalización
Déronnos os diplomas, merendamos e asistimos ao concerto do Leo… Estivo todo moi ben!
Como colofón á nosa actividade durante o ano, o alumnado que colaboramos no EDLG celebramos unha festa o pasado xoves 21. Estivemos no local de usos múltiples vendo un resumo do traballo do curso (podedes ver o vídeo na revista). Logo entregáronnos os diplomas de colaboradores e redactores a quen lle correspondían. Sobre as 12,15 tomamos unha saborosa merenda para, a continuación, subir ao Salón de actos e disfrutar do concerto de Leo Arremecághona. Mirade fotos e vídeo.
Entrega dos diplomas a parte do alumnado participante (por problemas técnicos só podemos mostrar as do alumnado de 4º ESO (arriba), 1º ESO (a seguinte) e 3º ESO (a última)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]