Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Novas e concursos
Concurso “Rosalía sempre viva”. Prazo para anotarse

dia de rosaliaEsta semana temos aberto o prazo para anotarse no concurso de lectura e recitado “Rosalía sempre viva” que se vai celebrar no noso IES a semana do 19 ao 23 de febreiro.  En cada aula hai unha folla para facer efectiva a inscrición. Tamén podedes anotarvos para unha lectura colectiva e facédelo na mesma ficha. Aquí deixámosvos as BASES para que vaiades preparando os vosos textos ata a data. Tamén un enlace para que escollades poemas, ben de Cantares Galegos, ou ben doutra obra en galego. Se preferides descargar un arquivo en pdf cunha breve selección, só tendes que entrar no artigo.

Selección de poemas (PDF)**TECÍN SOIA A MIÑA TEA…
**AS VIÚDAS DOS VIVOS E AS VIÚDAS DOS MORTOS) FOLLAS NOVAS 
**XAN (DA TERRA) FOLLAS NOVAS 
**CANTARES GALLEGOS 
**NEGRA SOMBRA, FOLLAS NOVAS 
**UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO… FOLLAS NOVAS 
**Amores cativos 
**PRÁ HABANA! (AS VIÚDAS DOS VIVOS…)FOLLAS NOVAS --CAMPANAS DE BASTAVALES. CANTARES GALLEGOS --De soidás morríase
**As Torres de Oeste)

BASES

 PODERASE PARTICIPAR EN:

1) LECTURA DE POEMAS

Lectura individual ou por parellas dunha única poesía da obra en galego de Rosalía de Castro. Valorarase a dramatización da lectura (ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade).

e/ou

2) RECITADO DE POEMAS

Recitado individual dunha única poesía da obra en galego de Rosalía de Castro. Valorarase a autenticidade e naturalidade do recitado, ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade. Tamén se valorará a súa memorización e o seu nivel de dificultade.

Tanto para a lectura coma para o recitado valorarase a creatividade na posta en escena.

  • Establécense dúas categorías (ESO e Bacharelato) e dous premios por categoría:
  • 1º premio- Vale de 6€ na cafetaría
  • 2º premio- Vale de 4 € na cafetaría
    • Ø As lecturas vanse realizar na semana do 19 ao 23 de febreiro, para conmemorar o Día de Rosalía que se celebra o 24.
      • Ø A inscrición no concurso débese facer na semana do 22 ao 26 de xaneiro.

Cabe a posibilidade de que as persoas gañadoras por categoría poidan participar no Concurso a nivel galego “Rosalía sempre viva” que se vai celebrar na Casa Museo de Manuel María (Outeiro de Rei) o sábado 10 marzo. No caso de participaren e gañaren poden obter, ademais dun diploma, un dispositivo electrónico multimedia de uso persoal.

A participación no concurso leva consigo a aceptación destas bases.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.