Querido diario: 16/06
Estou farta da miña xeración. Cada día entendoa menos. Non ten sentido nada do que fan, xa empezando pola cantidade de cousas que queren aparentar cando realmente son persoas falsas que non saben máis ca criticar. E non só aos demáis, senón tamén entre eles cando alguen do grupo falta. Iso si, cando está diante é o que máis quere do mundo. Agh! Iso ponme mala de verdade. Como és capaz a dicir tales falsedades ás escondidas de alguén e á cara dicirlle que o queres moito? A demáis criticando cousas difíciles de cambiar, como o físico. Non coñecen a regra dos 10 segundos? Non deben, non. Bueno, pero o peor é que non queda alí a cousa. Tampouco entendo a complicación tan grande que se volveu agora falar ca xente. Parece que tes que sacar un título en “Como facer amigos: curso exprés”. Uns me din que lle conteste rápido, pero non demasiado por se se fai ilusións de algo máis; outros que lle tarde dabondo en contestar que ten que saber que non estou necesitada. A este paso vou comprar un cronómetro e que me poñan o tempo exacto que teño que esperar, porque vou volverme tola. Xa fai tempo que non lles fago caso e que espero o tempo que a min me pete, porque senón non facía amigos hoxe. E seguindo co tema de relacións tampouco entendo as redes sociais. Eu só teño Instagram polo chat, porque outra cousa con el non fago. De cando en vez miro as historias das miñas amigas, pero quedo algo abraiada. Andan a mostrar toda a súa vida todos os días. Non pensan que iso pode ser ata peligroso? Non sei, á próxima xa non me parecerá raro cando ensinen como van ao baño, xa será tendencia. Pero tal vez son eu que non entendo a fermosidade de mostrar como o teu avó, que ten xa 90 anos e vive xusto nesa rúa que ensinaches o outro día, ten unha tele maravillosa e garda a chave debaixo da maceta da esquerda.
En fin, eu creo que nunca chegarei a entender á xente da miña idade. Pero polo menos a miña maior preocupación non será se a unha chavala que vin en Insta unha vez e que me pareceu borde sen razón lle puxeron os cornos ou non.
Firmado: unha adolescente (¿?) abraiada
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]