Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Roteiro sobre Castelao en Pontevedra

por Carlota Somoza (4º de ESO)

O 27 de Xaneiro o alumnado de 4º fixemos unha saída didáctica a Pontevedra para coñecer máis arredor de Castelao.
De cara ás nove da mañá saímos do instituto. Unha vez alí separámonos en dous grupos, xa que iamos facer dúas actividades; un roteiro pola cidade e unha visita ao Museo de Pontevedra.
Para comezar o roteiro tivemos que ir ata a Prazas dos Músicos onde se atopa unha escultura con persoas que foron importantes para Galiza, como Carlos Casares, Castelao, Bóveda etc.
Visitamos o casco histórico de Pontevedra, e así tamén como sitios fundamentais para a vida de Castelao na cidade.

Unha cousa que nos chamou en especial a antención foi un letreiro na antiga casa de Valle-Inclán (na Praza das Cinco Rúas ) que indicaba que alí vivira o escritor, e na casa do lado puidemos ver este:

Captura de pantalla 2023-03-05 a las 19.12.51

Unha vez rematado o roteiro tivemos uns minutos para descansar logo de dúas horas percorrendo a cidade.

Chegou o momento de intercambiarnos, o grupo que comezou no museo ía facer o roteiro e viceversa. No museo faláronnos un pouco da arte galega dos séculos anteriores, pero centrámonos en Castelao. O museo ten varias salas dedicadas a el, incluíndo algúns dos seus
obxectos persoais, como lentes ou bolígrafos e tamén exemplares orixinais das súas obras, incluíndo Galiza Mártir e o Álbum Nós no seu completo.

Captura de pantalla 2023-03-05 a las 19.13.17

Puidemos aprender algo máis da importancia detrás da súa obra, da súa historia, das súas publicacións e da denuncia social que conlevan.

Captura de pantalla 2023-03-05 a las 19.13.48




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.