Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Crónica da viaxe a Londres

Por Xiana (4º ESO D)

Martes 20-9-2022

Realizamos a moi esperada excursión a Londres. A viaxe comezou ás dúas da tarde, xa que a esa hora partimos en bus rumbo a Santiago. Unha vez chegamos ao aeroporto fixemos unha longa cola para coller os billetes e facturar a maleta. Cando iamos acabando pasabamos a comparar os números dos asentos para ver con quen nos tocara ao lado coa esperanza de ir na zona da ventá. Despois de rematar todos dirixímonos a pasar as mochilas polo escáner. Para isto case todos tivemos que pasar pola papeleira a tirar as botellas de auga. Logo fomos ao que pensabamos que era un detector de metais coa esperanza de non pitar, pero eu e moitos outros compañeiros pitamos, non sabiamos por que, ata que nos explicaron que eran controis aleatorios, polo que nos estiveron revisando. A continuación deixáronnos andar unha hora libres. Cando pasou o tempo subimos, por fin, ao avión. Foi un bonito percorrido que empezou e rematou cunha gran sensación ao levantarnos do chan e ao volver a pousarnos nel, isto último cun gran aplauso ao piloto pola nosa parte.  Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.08.01

Fomos baixando por filas a un aeroporto enorme e moi diferente ao de Santiago. Despois de moito buscar, encontramos o noso bus e realizamos o camiño ao hotel cun guía explicándonos todo. Alí collemos as chaves e subimos aos cuartos.

Mércores 21-9-2022

Este día comezou cos profesores espertándonos petando nos cuartos para que baixásemos a almorzar.

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.09.13

Sobre as dez fomos comprar o pan e a auga que, por unha pequena equivocación, tiña gas.

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.10.09Fomos andando polas rúas de Inglaterra mentres nos explicaban cousas como a escultura da cabeza de Shakespeare. O primeiro sitio ao que entramos foi a Hamley’s, iamos todos con moita ilusión, e saímos de alí cuns globos de helio que nos acompañaron case todo o día.

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.10.59 O seguinte sitio que vimos foi a tenda de Disney e despois dirixímonos ata o Hide Park, onde comemos. Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.11.36

Á tarde vimos o Albert Memorial and Albert Hall e contáronnos a súa historia, alí realizamos unha das moitas fotos grupais que sacamos ao longo da viaxe, continuamos andando ata o Museo de Historia Natural onde tivemos que desinchar os globos facendo un experimento tragándonos o helio. O máis impresionante que vimos dentro do museo foi un enorme esqueleto colgado do teito.

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.12.44Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.13.28Chegada a noite, fomos cear a Leicester Square. E despois algúns visitamos con Mónica unha tenda de Harry Potter.Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.14.46

Xoves 22-9-2022

Comezamos a visita dividíndonos en grupos para visitar Oxford-Regent’s. Continuamos visitando o lugar onde os Beatles deron o seu último concerto. Despois acercámonos ata Houses of Parliment e Westminster Abbey. Comemos no St. Jame’s Park cos esquíos e os parrulos. Ao rematar dirixímonos  ao Buckinghan Palace que vimos de lonxe debido á morte da raíña. Por último estivemos libres por unhas ruás antes de ver o musical do Rei León. Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.15.31

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.16.20

Venres 23-9-2022

Chegados á metade da viaxe, as visitas realizadas esta mañá foron á St Paul’s Cathedral, a The Monument, a Tower of London e a Tower Bridge, á que non puidemos subir xa que estaba cerrada. Isto foi unha decepción para algúns e unha alegría para outros. Tamén pasamos por The Globe, o teatro de Shakespeare, tomamos o noso bocadillo ao lado do Tate Modern ao que despois entramos, para rematar o día subimos ao London Eye, que tiña unhas impresionantes vistas de todo Londres.

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.17.14Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.17.31Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.17.52

Sábado 24-9-2022

Espertamos no noso último día completo en Londres, e fixemos a rutina do resto dos días ata reunirnos na entrada do hotel. Ese día tocaba a visita a Oxford, polo que nos puxemos a camiñar. Chegamos a King’s Cross, onde, despois dunha longa cola, os que quixemos puidemos sacar unha foto na Estación Nove e Tres Cuartos de Harry Potter. Despois fixemos unha longa viaxe subindo a un metro, continuando nun tren, e rematando nun bus. E por fin chegaramos ao lugar anteriormente mencionado. Antes de nada xantamos e a maioría fomos comprar un donut que estaba riquísimo. Despois visitamos a universidade. Dentro da igrexa sentamos a escoitar unha peza que un grupo de músicos estaba a tocar e, ao rematar de visitar todo, deixáronnos andar por grupos. Por último, fomos cear. Realizamos o percorrido feito á mañá sumándolle outros dous metros máis aos que tivemos que subir.

Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.19.15Captura de pantalla 2023-03-07 a las 1.19.33

Domingo 25-9-2022

Chegou o domingo, e a primeira parada que realizamos foi o British Museum, onde sacamos fotos con determinadas esculturas por unha actividade realizada polos profesores. Despois percorremos o Camden Town onde compramos algo para xantar ese día, e pasado o tempo tivemos que emprender o noso camiño á casa. Este estaba formado por unha viaxe en bus polo mesmo sitio polo que chegaramos, continuando no aeroporto onde nos retrasaron un pouquiño o voo. Fixérase de noite e as luces das cidades vistas desde o alto eran preciosas. Aterramos con outro forte aplauso para o piloto, e subimos ao bus para chegar ao colexio.

E así foi como rematou esta gran e inesquecible aventura por Londres.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.