A semana pasada Sabela Loureiro, colaboradora de Radio RianxoFala, entrevistou a dous alumnos de 4º ESO, Uxía González Patiño e Hugo Eguiluz Gñómez, que participaron no Programa de Recuperación e Utilización Educativa de Pobos Abandonados do Ministerio de Educación e FP.
Durante unha semana conviviron en Granadilla (Cáceres) con outros tantos mozos e mozas dun instituto murciano. Aprenderon oficios, participaron en diversos obradoiros e actividades lúdicas conxuntas, ademais realizaron un proxecto de centro titulado “Give me my town back” ideado polas profesoras de Tecnoloxía e Inglés que os acompañaron (Pilar Pérez e Rosa Súarez).
Deixámosvos o audio da entrevista, na que tamén contamos coa colaboración de Alejandro, como locutor, e de Abel Rodríguez, na parte técnica.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]