Imaxe de cabeceira
Opinión
Os alumnos, vítimas ou verdugos?

Captura de Pantalla 2022-11-14 a las 1.39.26

Os alumnos, vítimas ou verdugos?

DANI VIDAL (1º de bacharelato)

O pasado 2 de outubro abríanse todos os informativos e todas as portadas dos xornais falaban do escándalo do colexio maior Elías Ahuja. Este alboroto xurdiu pola difusión dun vídeo onde se ve que no edificio onde residen os alumnos se empezan a escoitar gritos machistas dirixidos ás compañeiras do outro edificio, xa que están organizados por sexos. O que non se viu en ningún medio de comunicación é como as compañeiras lles respondían con berros discriminatorios.

Para empezar falaremos da repercusión que tivo a nivel político. O presidente do goberno, Pedro Sánchez, tachou esta clase de comportamentos, xa que xeran odio e atentan contra o dereito e a liberdade das mulleres. A ministra de igualdade, Irene Montero, explicou que isto ten que ver en gran medida coa cultura da violación, considerando os feitos terror sexual. Respondeu tamén que a intimidación é o medio para que as mulleres non teñan marxe para decidir e que isto se trata con educación sexual. Porén, cando unha persoa lle preguntou pola segunda parte do vídeo, onde as mulleres lles responden, ela evita as preguntas e intenta irse o máis rápido posible, esquivando o tema.

Se seguimos analizando, isto nunca se faría tan visible de non ser polas redes sociais. Esta información volveuse viral tras saír en TikTok, o medio por onde foi compartido por primeira vez. Se nos paramos a pensar e intentamos trasladar esta noticia ao pasado, antes esta noticia non faría saltar as alarmas, pero ao mesmo tempo esta noticia non se coñecería directamente xa que non existían estas redes sociais. Ao mesmo tempo que vemos como cambiou o mundo e os medios de comunicación, podemos ver como os informativos nos manipulan. O vídeo que mostraron en todos os medios de comunicación estaba recortado, impedindo mirar o final e que a gran maioría dos españois escoitaran a resposta das alumnas. Isto leva a pensar na fiabilidade que os informativos teñen. Se nos enganan con isto, por que non nos enganan con todo, chegando a reflexionar sobre a fiabilidade das noticias? A min paréceme que as redes sociais son a forma máis útil, rápida e eficaz de buscar a información, xa que só temos que mirar se a fonte conta con certo prestixio.

Pasando a analizar o contido da mensaxe transmitida podemos alcanzar certas conclusións. Os insultos utilizados teñen unha creatividade nula, xa que son os típicos que se utilizan de forma despectiva. Estes tratan temas típicos relacionados co sexo e con facer labores da casa, volvendo aos valores franquistas que por sorte de superaron hai moitos anos, chegando a ter uns dereitos e conseguirse unha igualdade perante a lei. Actualmente séguese loitando para combater esta clase de significacións despectivas que están tan afondadas na sociedade.

Ante un escándalo tan grande, o colexio maior viuse obrigado a tomar medidas, que recaían na expulsión dun pequeno grupo de alumnos entre todos os que gritaban, pero ningunha alumna resultou expulsada. Os medios de comunicación foron preguntarlles ás alumnas que lles parecían as medidas e se crían que se tiñan que impoñer máis castigos, ao que elas responderon dunha forma que ninguén esperaba. Elas dicían que o que sucedera é unha tradición e se realiza case todas as noites, o problema é que a situación escapou dos límites do centro. Tendo en conta isto, a min paréceme que se deberían de tomar medidas para evitar que este tipo de cousas sucedan, pero que non teñan que ver coa expulsión. En gran parte debido a que o sucedido ten que ver coa mala educación en valores de igualdade que hai neste país.

Para resumir todo o iniciado ata agora, este altercado social foi un dos máis grandes do ano e pódese esperar que a partir del xurdan novas políticas e campañas que inculquen o respecto. Ao mesmo tempo espero que sirva como punto de inflexión para reflexionar sobre a manipulación mediática á que estamos sometidos e sometidas e intentar que os medios de comunicación sexan moito máis obxectivos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.