Imaxe de cabeceira
Sen categoría
A verdadeira maneira de lembrarse (por Marta Figueira)

Teatro Airiños estrea o espectáculo República Sideral esta fin de semana en  Rianxo – O BarbanzaQue curioso ver como a día de hoxe sabemos tan pouco sobre o pasado da nosa terra, e o pouco interese que hai por coñecelo. É verdade que algo de preguiza dá ler un
libro de catrocentas páxinas ou perder unha tarde enteira nunha charla, pero asistir o teatro?

O único esforzo que hai que facer é prestar un mínimo de atención.

No auditorio de Rianxo leváronse a cabo unha serie de sesións teatrais, postas en escena pola compañía Airiños, unha das máis antigas de Galicia xa que naceu en 1933 en Asados, da man dos curmáns de Castelao. Así mesmo o venres vinte e tres de setembro e o sábado vinte e catro, representouse a obra República Sideral de Esther F.Carrodeguas, unha rianxeira moi exitosa. Hai que admitir que o nome do espectáculo  non me chamou para nada a atención, pero levei unha grata sorpresa coa representación.

Non en tanto a obra trata sobre unha panda de armadanzas que deciden proclamar a
independencia da Illa de Arousa. Se non es moi admirador/a da historias igual che parece
un aburrimento, pero recorda non xulgar un libro pola súa portada. Deste xeito tanto o
guión como os seus actores e actrices son capaces de mudar a túa opinión, como fixeron
coa miña. Dándolle un toque cómico a unha historia real que aconteceu fai noventa e oito
anos, e que a maioría da xente xove, e non tan xove, descoñece. De igual modo a súa
escenificación, decorado, música e sobre todo a ilusión e as ganas que todo o equipo
deixou encima do escenario en cada función, fan que valese a pena investir tres euros na
entrada.

Polo tanto, levei unha moi boa sorpresa coa obra, e animaría a calquera que tivera
curiosidade e ganas de saber máis sobre o pasado galego, a asistir. Sen dúbida está moi
merecido o premio Barriga Verde que gañou Esther polo guión deste gran espectáculo, e
a ovación que obtivo cada un dos integrantes da compañía Airiños, que conseguiron
visibilizar un tema do que case ninguén fala e interesar a quen nun comezo só asistía
para subir nota en galego.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.