Imaxe de cabeceira
RianxoFala Radio
Introdución ao proxecto “Mentes Referentes”

Sen telo contemplado a principio de curso, participamos nunha proposta dun intercambio lingüístico e cultural co ENDL do Milladorio a través da radio; que deu  lugar, neste mes de xuño, á realización de catro podcast conxuntos entre o alumnado do noso centro e o do IES Milladorio. O nome: “Mentes referentes“,  obedece a que o obxectivo principal fose que o alumnado de cada centro localizase “mentes referentes” do seu concello, que traballasen en galego, e que llas presentase ao alumnado do outro instituto para que este preparase a correspondente entrevista.

Con este esquema de traballo estivemos no terceiro trimestre e, aínda que parte do proceso se desenvolveu de xeito virtual, argallamos dúas mañás de convivio e traballo conxunto que deron moi bos resultados. O mércores 8 de xuño foi o primeiro encontro  en Rianxo, para que as  reporteiras do Milladoiro entrevistaran a dúas mulleres referentes do noso concello: Maruxa Miguéns (do mítico grupo Os Rosales) e Sabela Galbán (compoñente do Cuarteto de biselas, Carapaus,  Sés..) . Logo o pasado luns 20 RianxoFala trasládase ao Milladoiro  para entrevistaren a Inés Suarez, integrante do grupo de música tradicional do  concello de Milladoiro “As maianas” e mais á xornalista, presentadora da TVG, Susana López Carbia.

En ambos encontros compartimos, ademais dos estudos de gravación, unha troca de experiencias e de xeitos de traballar, que deu moi bos froitos, de feito temos pensado continuar no vindeiro cursos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.