Imaxe de cabeceira
Sen categoría
En vías de normalización (por Noelia Fernández)

5e0a3184d2ddaDende hai décadas, especialmente a partir do ano 2010, obsérvase na lingua galega unha notable diminución de falantes e, polo tanto, ámbitos de uso, situacións que se retroalimentan e resultan nas cifras máis preocupantes ata agora rexistradas. Unha Lei de Normalización Lingüística ineficiente nos seus postulados, a perda de medios de comunicación en galego ou o progresivo deterioro da conciencia dos falantes son algúns dos motivos destes resultados.

Polo tanto, que se debe facer para frear o decaemento do idioma? Eis a cuestión de non tan difícil resposta: intervención institucional. É precisa a posta en marcha de plans que amparen o dereito a uso do galego e promovan a súa transmisión xeracional. Debe impulsarse dende a política un proxecto de normalización que deteña o proceso de substitución lingüística, acelerado en particular nas últimas décadas.

Os principais contextos nos que precisa ser fomentado o galego son o ensino e os servizos públicos, á vez que debe impulsarse o seu uso en contextos de máis (aparente) prestixio, coma a ciencia ou os negocios.

Pola contra, debe loitarse contra os moitos prexuízos lingüísticos que rodean a lingua, tanto aqueles xestados en vellos estereotipos coma as modernas afirmacións, por exemplo a idea de que o galego é unha “fala de paletos” ou que a norma estándar é un artificio que o converteu nunha “lingua inventada”. A acción por parte dos altos cargos derivaría nun incremento da estima dos falantes, que contribúe directamente á normalización, é dicir, ó recoñecemento da capacidade do galego para ser empregado indistintamente en calquera ámbito.

En conclusión, o futuro do galego só será garantido coa mobilización dos poderes públicos, políticos e económicos que pugnen pola protección e a dinamización da lingua galega.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.