Imaxe de cabeceira
Sen categoría
O porco de pé (por Iker Rodríguez)

IMG-20220511-WA0037O porco de pé é unha obra literaria de Vicente Risco que, despois de case un século, acaba de ser adaptada ao teatro por Pepe Sendón e posta en escena por Producións Excéntricas baixo a dirección de Quico Cadaval, como se puido ver no auditorio de Rianxo o pasado sábado 30 de abril.

 Cun culto e fino sentido do humor esta obra cóntanos a historia de don Celidonio, un porco que ao ser vestido como un home rico comezou a andar e a portarse como tal, alcanzando a súa posición social por casar cunha muller adiñeirada. Aparecen outros personaxes como o xastre, que é o verdadeiro mago responsable da transformación de porco a home; a filla de Don Celidonio, que abandonará o intelectual Doutor Alveiros deixándose engaiolar polo vampiro-conde; a súa muller, que é quen realmente dirixe a vida de todos… E algúns outros secundarios que teñen a súa propia caracterización e protagonismo, sendo interpretados todos eles por só tres actores sobre o escenario.

 En realidade a obra é unha sátira social que denuncia IMG-20220511-WA0035que calquera con ansia de poder e sen máis intelixencia que a dun porco pode chegar a alcalde. É dicir, critícase por riba de todo o triunfo dos cartos fronte á intelixencia. As comparacións, as metáforas, a ironía son incriblemente enxeñosas. A obra fai rir e reflexionar, mesmo a quen non coñece a novela de Risco.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.