A orixe das rías galegas
Onte veunos visitar Juan Ramón Vidal Romaní, xeoquímico, Presidente do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal – Laxe e profesor emérito da Universidade da Coruña. Deunos unha xeocharla ben interesante titulada “A orixe das rías galegas”.
No acto o alumnado de bacharelato interactuou co relator facendo moitas preguntas sobre distintos aspectos da xeoloxía de Galicia: xeoparques, Rochas de cabo Ortegal, banda “ollo de sapo”, risco de tsunamis nas nosas costas, riscos de inundacións mariñas, destino de troncos fósiles, habilidades para ser xeólogo…
A actividade estivo coordinada pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía Manuela Martínez Dourado.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]