Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Rosalía en Rianxiño (por Sergio Fernández e Irene Creo)

Alumn@s do IES Félix Muriel entrevistaron o 20 de marzo ao presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e ao alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, nun acto de irmanamento entre Padrón e Rianxo, coa plantación dunha figueira traída da casa de Rosalía para o pazo de Rianxiño.

Copia de IMG_9286.JPGRosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da literatura galega e da historia de Galiza. Polo tanto, o pasado sábado 19 de marzo tivo lugar un acto coa intención de conmemorala no pazo de Rianxo. O acto consistía en plantar tres árbores: unha figueira e dúas camelias. A figueira é un anaco da que xa fora plantada con anterioridade na horta da escritora.

En xeral, foi un acto para simbolizar a unión de dous pobos, o padronés e o rianxeiro, a través da Fundación Rosalía de Castro e da propia autora. Como ben aclara o alcalde de Rianxo durante a entrevista, “este acto é unha forma de reivindicar a cultura que comparten este concello e Padrón e á figura de Rosalia como nai da nosa cultura, así como o pai é Castelao”.

-Que se conmemora no acto?

-Dúas cousas que eu entendo fundamentais para Rianxo, por un lado a irmandade de Rosalía como algo que une a toda Galiza e evidentemente a Rianxo. É un elemento fundamental nese coñecemento e ese agarimo global que temos pola figura de Rosalía, xa que ademais Rianxo ten un especial vínculo con Padrón nas festas da Pascua, da Guadalupe e de tránsito entre os dous concellos que nos fai especial. De aí que tamén, por Rosalía e con Rosalía nos vinculemos tamén dunha dobre maneira: tanto por ser ela quen é, e ademais por sermos pobos irmáns. Polo tanto é un agasallo, tamén un motivo máis de unión dos dous concellos.

-Por que Rianxo?

-Temos unha sorte un pouco especial de formar parte do que é o mundo da cultura e estar en letras de ouro, que sempre houbo, pero sobre todo reforzado a partir do século vinte onde converxen figuras como Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste. Dalgún xeito, son o punto masculino do que representa Roasalía de Castro como muller: unha é a nai, a nai do país e a nai da patria, Castelao é o pai,  de aí que esas sinerxias, esa unión dos dous pobos e as dúas figuras teñan esa pontencialidade. No mundo galego estamos proxectando o país, estamos unindo os dous mundos, o feminimo que representa Rosalía e o mundo tamén do país que representa Castelao. IMG-20210320-WA0019

-Por que pensa que é importante reivindicar a Rosalía a día de hoxe?

-Rosalía, dicíao antes Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, que tiña unha proxección enorme aínda a día de hoxe. Estanse facendo lecturas, estudos, traballos e investigacións que poñen a Rosalía no mundo e dan novas visións con novo material. Entendo que Rosalía, aínda que estamos nun século onde a muller adquire un subpapel en relación ao que debe ter, un papel de protagonista e fundamental, e Rosalía pese a ser doutra época, doutro século, é perfectamente contemporánea. O ideario de Rosalía é o ideario no que nas manifestacións representa ese modelo de muller que a día de hoxe asume o seu papel e o seu protagonismo. Entón, tamén estamos dicindo que si ás mulleres, si a ese papel que deben ter da man de Rosalía. Como dicía antes, malia nacer case dous séculos antes, noutra época, ten esa contemporaneidade e esa actualidade a día de hoxe. Por iso con este acto tamén dalgunha maneira representamos ese mundo IMG-20210320-WA0020feminino que está e que veu para quedar e adquirir o seu protagonismo como é debido.

-Que papel xoga Rosalía na nosa educación e na vida de Rianxo?

-Enlazando co que comentaba antes, hai un especial vínculo nas festividades onde dalgunha maneira se simboliza ese abrazo, esa aperta, esa irmandade entre os dous concellos. Tamén en dous traxectos que teñen unha enorme carga simbólica, en Padrón cando é a Pascua facemos un traxecto dende o espolón presidido por unha Rosalía, agasallo da emigración, e imos ata o xardín botánico onde está a figura de Castelao. Faise ese percorridIMG-20210320-WA0015o que dalgunha maneira simboliza os pobos en irmandade coa música, coas bandas que nos acompañan, a banda de Padrón e a banda de Rianxo. Na Guadalupe, imos dende o Paseo da Ribeira acompañados tamén dunha Rosalía, ata un Castelao agasallo tamén da emigración, simbolizando as dúas corporacións e coas nosas dúas bandas e os sons propios do país. Cas nosas Ondiñas da nosa ría ou a Rianxeira, que dalgunha maneira simbolizan esa unión. E logo, o que son as relacións, é fácil encontrar na mañán do domingo rianxeiros percorrendo as rúas de Padrón no mercadiño, e é fácil encontrar xente de Padrón paseando hoxe polas rúas de Rianxo, vendo o mar. Dalgunha maneira hai un vínculo tremendamente especial, comercial, social, cultural… Evidentemente, ao compartirmos estas dúas enormes figuras, que é o que estamos facendo, compartir a Rosalía e compartir a Castelao, tamén nos compartimos os uns aos outros dunha forma que a min me parece sumamente especial.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.