Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Camiñando entre mulleres
Ciclo Camiñando entre mulleres 2021: Helena González
         CaminhandoEntreMulleres-2021Helena1024_1 1 Helena
                    Dentro do Ciclo de Charlas “Camiñando entre mulleres” organizado polo ENL en colaboración co Concello de Rianxo, tivemos o pracer de contar con Helena González Fernández, profesora de Estudis Gallecs i Portuguesos na Universitat de Barcelona. Esta, na súa conferencia Xela Arias: a rabia de dicir son feminista”,  falounos da homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021
4 Helena

Helena fixo un percorrido pola poesía dos anos 90 ata a actualidade, unha poesía na que destacan as voces femininas que seguen o camiño comezado por Rosalía de Castro no século XIX e logo por autoras tan importantes como Xohana Torres, María Mariño, María Xosé Queizán… e  Xela Arias, a quen Helena González definiu como “alguén que non espera cumprir espectativas, senón rompelas; alguén que non quere ser obediente, senón ser libre”. Esta autora caracterízase pola súa voz independente e singular, e por unha escrita urbana, política e comprometida. Entre a obra poética destacan dous libros: “Tigres como cabalos”, un diálogo entre a poesía e o diálogo e “Intempériome”  , pola súa innovación lingüística e poética.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.