Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Un galego que non fale galego non é un galego completo (por Paula Caamaño)

Para moitos ser galego é nacer en Galiza, unha comunidade autónoma de España, pero que está considerada nacionalidade histórica.

Galiza ten unha lingua propia que é a oficial xunto co castelán. A pesar de ser unha lingua como outra calquera, esta lingua posúe unha gran cantidade de prexuízos. Algúns que veñen dende fai séculos como que o galego ten un léxico pobre, ou outros prexuízos como que o galego é unha lingua de paletos

Estou case segura de que se lle preguntas a un madrileño que opina no referente dos galegos, os da capital asociarano ao monte, ao rural, as vivendas afastadas, a unha persoa paleta… Eu son galega e a moita honra, falo galego, que é unha lingua que ademais de servir para comunicarse, como todas as linguas representa unha cultura, unha historia e un pobo, dos cales me sinto orgullosa.Os galegos sempre fomos uns loitadores e resilientes.

Un galego que non fale galego non é un galego completo, pois, esta lingua ensínache palabras tan bonitas como bico, aperta, maniotas, quérote, choiva, demo, lucecú… entre moitas outras que ocupan un anaco do meu corazón. Según moita xente parte de ser galego é responder con outra pregunta, non sei se eu o fago, pero o que si teño claro é a resposta a esta pregunta.

Ser galego para min é contestar o que contestou miña nai, un día cando estaba nunha froitería de Santiago a unha muller que lle dixo: “Tan guapa y hablando en gallego” e miña nai que non cambia o idioma para falar co médico, nin para redactar documentos, contestoulle ben orgullosa “Eu sempre falei galego porque vivo en Galiza, e porque meus pais  me ensinaron que as linguas eran unha das partes máis importantes dunha sociedade, por iso quero que a miña filla lle ensine galego aos seus fillos e estes fillos aos seus fillos, porque o galego é Galiza, e Galiza sen o galego non é nada.” Non lle engadiría nada máis ás palabras que miña nai lle respondeu a esa muller con tantos prexuízos cara o galego, que de seguro lle veñen dados polas inseguridades que ten.

Ser galego é saber que en maio inda a vella queima o tallo e o boi bebe no prado, e que nin sequera no verán podes sacar as chaquetas do armario e estar ben orgullosa. Saber que vaias a onde vaias vas ter un amencer ou un anoitecer que che vai namorar. Saber que sempre poderás vivir a paz do monte e o ruído da cidade. Poderás ver a catedral de Santiago e a torre de Hércules gozando das comodidades dunha cidade e da tranquilidade dunha aldea.

Ser galego é que teus avós che digan que se os paxaros voan en forma de “v” é que vai chover, e que o río teña ovellas avisa da tormenta. Ser galego é o derbi (celta-depor), o agradecemento a Carvalho Calero ou a Manuel Rivas. Ser galega é sentir as obras de Castelao e os poemas de Rosalía, sentir a mesma morriña pola túa terra que ela en Adiós ríos, Adiós fontes.

Para min ser galego e todo isto é moito máis, para min ser galego non é só unha persoa que vive en Galiza, é moito máis que todo iso, para ser galego hai que sentilo, isto corre polas veas, vai na sangue.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.