Carvalho Caleiro foi un historiador da lingua, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor Galego, participou na revista Nós ingresou no seminario de estudos galegos, colaborou na redacción do estatuto de autonomía e entrou no partido galeguista; naceu a comezos do século XX(1910) e morreu a finais(1990). Publicou toda clase de obras literarias en galego, desde poesía, pasando por teatro, narrativa e ensaio.
Loxicamente a unha persoa tan importante e influente na lingua galega habería que dedicarlle algún ano o día das letras galegas, xustamente foi este 2020, trinta anos despois da súa morte. A pregunta que moitos nos facemos, por que tan tarde, por que non antes, a que se debe este “desprezo”.
Dende ai dez anos realizáronse comisións en Ferrolterra para que o Día das Letras Galegas fora dedicado a este autor. Pero agora, en 2020 foi escollido.
Segundo a miña opinión isto débese en gran medida polos ideais deste autor o cal era forte defensor do reintegracionismo dende os anos 70, el cría que tanto a galego coma o portugués forman parten do mesmo diasistema lingüístico. Creo quedebido a isto a Real Academia Galega non quixo dedicarlle o día das letras galegas pois isto xeraría o debate do reintegracionismo que se opón a Real Academia Galega, temen non ser capaces de defender con éxito a normativa actual.
En conclusión, Carvalho Calero foi un gran escritor e estudoso da lingua galega que debido aos seus ideais foi marxinado durante anos negándoselle o día das letras galegas. A continuación deixo un enlace para ver vídeo da sua vida: Carvalho Calero
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]