Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Manipulacións históricas, Descartes e Matrix

descartesmatrixA identidade galega é realmente antiga. Con arredor de mil anos de historia, a nosa lingua e cultura foise artellando e configurando co paso do tempo até o que hoxe coñecemos como Galiza (ou Galicia, ou Nación galega, ou como diaños se lle queira chamar). Porén, boa parte da opinión pública nacionalista española leva décadas negando a relevancia e mesmo a existencia do Reino de Galiza. Ou non exactamente?

Unha parte da historiografía galega argumenta, por exemplo, que o Reino de Asturias nunca existiu tendo en conta os documentos escritos legados polos historiadores árabes, que denominan ao reino Galisiya ou Yilliqiya. Outra proba de peso á hora de demostrar a relevancia do Reino de Galiza é revisando os antigos documentos cartográficos ingleses, franceses ou italianos. Nestes mapas aparecía este reino, mentres que dentro do territorio español sempre se clasificou como un territorio vasalo de León, a pesar de que, efectivamente, contaba cunha nobreza propia. De feito, e como curiosidade, Filipe VI ten o título de rei de Galiza.

Pola contra, a maioría dosexpertos afirman que se ben é certo que os árabes denominaban o reino de Asturias como Galisiya, isto débese exclusivamente a que empregaban a forma romana, é dicir, a derivada do nome da provincia da Gallaecia, mentres que na zona cristiá o nome sería “Asturias”. Ademais, numerosos historiadores españois recrimínanlle a certa parte da historiografía galega que terxiversen o vocabulario empregado co fin de manipular para acadar rédito político nacionalista (como o controvertido Reino suevo “de Galiza”). Tamén, e para os historiadores españolistas, o nacionalismo periférico aminora a fundamental importancia que, ao longo da historia moderna, tivo España (ou Estado español, ou Nación española, ou como diría Pérez-Reverte, esta ruin enfermedad histórica llamada España).

Mais, a reflexión realmente relevante sobre todo isto non é cal das dúas posturas históricas é a adecuada, senón se ambas están equivocadas, ou se polo menos cada unha delas omite unha parte da historia que non cadra coa súa concepción sobre o que debería ocorrer nun mundo ideal. Que ao nacionalismo español non lle interesa recoñecer a existencia do Reino de Galiza? Non hai problema, pode borralo do mapa! Que ao nacionalismo galego lle favorece nomear o “Reino suevo” como “Reino suevo de Galiza”? Por unha palabra máis non hai problema!

Entón, cal é a solución? Debemos conformarnos cun profundo escepticismo historicista que dubide de todo o pasado ou existe algunha solución? Lamentablemente, ninguén de nós estivo na Alta Idade Media para tomar nota do que alí aconteceu, así que é doado predicir que o debate sobre as lexitimidades nacionais será moi longo no tempo. Sobre todo, tendo en conta que unha nación tan só é unha comunidade imaxinada (e non unhadefinición universal e inamovible) que unicamente existe se un amplo grupo da poboación comparte esa mesma ficción.

Isto último é de vital importancia para comprender os procesos mediante os que se configuraron as entidades políticascontemporáneas e para entender a visión da historia que aprendemos no instituto. Grosso modo, o nacionalismoé unha ideoloxía (ou unha relixión, as diferenzas entre estes dous conceptos son ben poucas) creada no século XIX, eque evolucionaría até dar lugar avarias concepcións diferentes (ou seitas, seguindo a comparación anterior); entre elas,o nacionalismo das nacións sen estado ou o nacionalismo centralista. Este último é creado no século XXpor un grupo de intelectuais burguesese oligarcas estatalistasque pretendían lexitimar e ampliar o seu poder económicomanipulando ás masas en base a unha ficción intersubxectiva.Porén, algo característico de todos os tipos de nacionalismo é a “romantización” do pasado. O nacionalismo,peroprincipalmente, o centralista,promoveu unha revisión brutal da historia, sobre todo das épocas correspondentes á Idades Media e Moderna, e isto é precisamente a orixe do problema tratado neste texto.

Poriso, aínda que fose posible que vivísemos completamente enganados por unha elite de historiadores que manipulasen a realidade en favor dos intereses dunha caste de privilexiados, sexan dunha ou doutra ideoloxía; ou a pesar de que fose factible que toda a historia se tratase unha dunha simulacióne que vivísemos en Matrix, creo que é indubidable que os argumentos históricos non deben ser, baixo ningún concepto, unha coartada para mudar o presente. Esta afirmación, que pode soar bastante cartesiana, é, ao meu parecer, un punto de partida excelente para resolver moitos dos problemas que atravesan as sociedades do século XXI. As reclamacións e ideoloxías políticas, sexan do tipo que sexan, deben basearse sempre en criterios racionais do presente e non en argumentos emotivistas ou históricos.

Nunha sociedade onde a mentira e a manipulación está á orde do día, a educación é máis necesaria que nunca. A democracia debe sustentarse sobre unha sociedade culta, plural e con sentido crítico, pois de non ser así, a demagoxia e o odio que tanto está a proliferar no mundo acabará asentando as bases dunha nova orde mundial na que prime o sectarismo. Evitar isto está nas nosas mans, aínda que quizais xa sexa demasiado tarde. Ou non.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.