Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas ao autor reintegracionista Carvalho Calero, pero sabemos todos que é o Día das Letras Galegas? Como xa saberedes, celébrase cada 17 de maio desde 1963, en que se cumprían cen anos da primeira publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Esta obra marca o comezo do Rexurdimento galego en 1863.
Carvalho Calero está considerado como un dos grandes pensadores sobre a postura reintegracionista, unha corrente lingüística, cultural e social que sostén o parentesco do galego co portugués, e propón modificacións cara a unha maior similitude coa lusofonía.
Carvalho Calero nace en Ferrol (1910) pero rapidamente se traslada a Santiago para estudar dereito e filosofía. Entra en contacto co galeguismo e co Partido Galeguista. Colabora con revistas importantes da época como A Nosa Terra ou Nós. Tamén axuda co estatuto de autonomía.
A guerra cólleo en Madrid, e loita polo bando republicano. Unha vez acabado todo, foi acusado e condenado por separatista. Ao saír do cárcere volve cos seus contactos galeguistas e continúa co seu labor en prol do galego. Foi membro da Real Academia Galega en 1958 e acabará sendo o primeiro catedrático en impartir clases de lingüística e literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela en 1972. Finalmente morre en Santiago de Compostela nos anos 90.
Con referencia á súa produción literaria, foi un autor prolífico que cultivou todos os xéneros pero destaca sobre todo polo seu ensaio Gramática elemental do galego común, 1966 e Da Fala e da Escrita, 1983.
Pola outra banda, resaltamos que este autor non foi homenaxeado antes con este día, debido principalmente a diferenzas internas da RAG. Carvalho Calero foi proposto durante moitos anos para recibir esta honra, pero non foi aceptado ata este ano. Isto débese á súa postura reintegracionista, a cal se enfronta co oficialismo da Real Academia Galega. Isto mantívoo lonxe das preferencias para ser elixido e homenaxeado. A discusión entre os partidarios do lusismo e os defensores da norma RAG prolóngase desde hai décadas. Non é algo novidoso de agora. Ademais, este debate non está exento de tinguiduras políticas, pois o reintegracionismo é unha opción especialmente popular entre o nacionalismo e o independentismo de esquerdas.
A pesar disto, a loita interna polo liderado da institución entre os dous grupos de intelectuais fixo posible que este ano se lle adiquen as letras, pois os dous bandos están a favor da súa proposta, posto que recoñecen o seu labor no campo lingüístico, literario e ensaístico, así como no do galeguismo.
Carvalho Calero foi un autor galego moi importante pertencente o reintegracionismo. Estivo vinculado e estreitamente relacionado co galeguismo e colaborou en importantes entidades da época. Finalmente 30 anos despois da súa morte, e 110 anos do seu nacemento, será homenaxeado co Día das Letras Galegas o vindeiro maio.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]