Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Transexualidade (por Adriana Romero)

O día 31 de marzo celébrase o “Día da visibilidade trans”, recordando a loita diaria da comunidade transexual polos seus dereitos. Estas, son persoas que teñen que aguantar a negación da súa identidade por parte da maioría da sociedade durante toda a súa vida e mesmo son tratadas como enfermas.

Para comezar, só hai aproximadamente dous anos que a Organización Mundial da Saúde, eliminaba a transexualidade da súa lista de trastornos mentais. Isto é, até o 2018, as persoas transexuais eran tratadas, cientificamente, como enfermas. Non o é, a nosa bioloxía e xenitais non nos definen como homes ou mulleres, somos nós mesmas as que debemos facer iso. O certo é que, pese a que a OMS o descartase como enfermidade, elas teñen que seguir aguantando que as traten como tal. Un exemplo disto é un home canario, cuxo médico escribiu “enfermidade: transexualismo”, cando el só acudía alí porque se atopaba mal. Cal é a razón pola que á xente lle molesta que os demais se expresen tal e como son?

Outro dos atrancos cos que se atopan estas persoas é o desprezo por parte do seu propio colectivo. Existen as homosexuais ou bisexuais que defenden os seus intereses, pero que se esquecen desta parte da comunidade. O caso máis grave é o de aquelas que negan a súa identidade, por exemplo unha lesbiana que di que non sairía cunha muller transexual porque non é “totalmente unha muller”, entre moitos outros. Cómpre destacar ás denominadas “TERFS”, isto é, feministas que opinan que as transexuais non chegan a ser mulleres, polo que non poden formar parte do movemento.

Con todo, o cine e a televisión non son as plataformas que máis apoian a esta comunidade, xa que, non adoita haber series ou películas que traten isto e algunhas fano de maneira despectiva. Podemos falar de “La que se avecina”, unha serie española que alimenta o prexuízo de que as mulleres transexuais son “homes disfrazados”. Isto é porque, para interpretar ese papel escolleron a un home ao que lle puxeron unha perruca e vestiron con roupa socialmente considerada feminina. O certo é, que nos últimos días, saíu unha película que si que trata a realidade transexual, “La Veneno”, que conta a vida da muller así coñecida.

Como conclusión, necesitamos educarnos como sociedade para saber tratar a todas as persoas. Debemos permitir que nos colexios as rapazas poidan escoller o baño ao que queren ir, deixando que sexan máis libres para mostrar a súa identidade. É importante tamén, mudar a nosa forma de falar, xa que, con expresións como “cousas de mulleres”, ao referirnos a menstruación, negamos a existencia de homes que a teñen. Polo tanto, a nosa forma de comportarnos e de falar debe ser inclusiva, tendo en conta a todos os tipos de persoas e tentando non excluír a ninguén.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.