Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Epidemias e ciencias (por Adriana Romero)

Algunha das ferramentas matemáticas que se utilizan nas epidemias sería por exemplo a curva da que falan os medios. Isto non deixa de ser unha función na que representamos os infectados con respecto ao tempo. A derivada dinos como de rápido e de lento cambia esa función, se non cambia a derivada é 0. Os sistemas, se interveñen as ecuacións e as derivadas, serían ecuacións diferenciais. Mídese a xente susceptible a ser infectada, a infectada e a xente que se deixa fóra (tamén se poden engadir os expostos).

A cantidade de contaxiados que produce un só infectado é un parámetro que, se é maior que un, significa que pode infectar a varias persoas. Se é así, estamos nunha epidemia e hai que reducilo a un ou a menor que un. Depende de moitas cousas, como as nosas costumes, con canta xente esteamos, a bioloxía da enfermidade, etc. Na nosa man está, tentar xerar unha vacina ou intentar evitar o contacto.

Algúns sistemas biolóxicos compórtanse de forma exponencial. Ao principio ninguén ten virus, logo vai habendo enfermos e por último, vai quedando menos xente con posibilidade de ser infectada. Entón, temos que mirar canta xente queda dispoñible para contaxiar, e cando non haxa, acabaríase a curva e a epidemia.

Un factor importante é que a curva non chegue a unha altura crítica, coidando que non sature a cantidade de atención do sistema sanitario. Colapsaríase o sistema. No outro caso, si que poderíamos manter a enfermidade porque si que habería medios. O problema é unha interacción da curva (que podemos cambiar variando parámetros) e una liña horizontal (que é a capacidade do sistema sanitario). En China, por exemplo, pechouse a parte afectada e deixouse o resto, en Europa e España non, e illouse totalmente toda a poboación.

O número de persoas que pode contaxiar unha persoa é unha media e trata a todas as persoas por igual. O certo é que, alguén solitario non vai a contaxiar á mesma xente que alguén que esta en contacto con moita. Isto é o R0 e varía, por exemplo o de unha cidadá determinada era máis de 1000 e o de outras 1 ou 2. A xente nova pode ser portadora do virus e asintomática, entón pode contaxiar a xente cando van a visitar aos avós, etc., ademais de que se moven moito. Con todo, debemos ter en conta os transportes públicos, xa que hai lugares nos que tes que poñerte en contacto con moita xente para desprazarte, ir a universidade, etc. Outro feito é que pode ser que a persoa coa que te pos en contacto, non teña nada que ver cos teus coñecidos, favorecendo á propagación.

Nas redes humanas temos unha media de 6, entón somos vectores de contaxio. Veuse por exemplo que Italia era unha zona perigosa, entón canceláronse as relacións con Italia, EEUU con UE etc. Non se actuou no nodo (España en ese caso) senón na conexión (Italia neste caso).

Segundo un inglés, debían deixar que se contaxiara moita xente para que a curva chegara antes ao punto crítico. Temos que mirar tamén a letalidade do virus e o número de mortes, así podemos saber o numero de infectados multiplicando. Polo contrario, é complicado sabelo, porque hai xente asintomática, sen diagnosticar, etc.

A forma da curva, canto sube e cando se achata, vai a depender de cando se toman as medidas. Por iso os países que están a tempo deberían tomalas canto antes, aínda que se pare a economía. O que facemos con elas é gañar tempo, para non colapsar os sistemas sanitarios e intentar facer unha vacina para solucionalo. Isto é moi importante e por iso países como, por exemplo, Inglaterra e Estados unidos van a acabar mal (a parte do problema da privatización da sanidade).

Por outro lado, debemos ter en conta a teoría de xogos, porque podemos falar do ben propio (quero seguir ca miña vida, pero é moi probable que vaias a contaxiar a alguén) ou común (quedar na casa para non contaxiar a xente). Para este problema, somos puntiños que se moven, pequenos. A teoría de xogos trata de estudar o ben común e o propio. O propio  e querer saír da casa e o común e intentar que non se contaxie a xente. Unha persoa que vive lonxe pode saír da casa sen tocar a ninguén, pero non é seguro e pode haber contaxios, aínda que sexa o que el prefire. É complicado mirar a relación entre o ben común e o individual, pero neste caso deberíamos mirar polo común porque as perdas poden ser grandes. Ademais, neste caso dáse que o grupo de risco e o máis sedentario, polo que somos os demais os que debemos tentar parar as nosas actividades para protexelos.

O paciente 31 de Corea, fixo vida normal e contaxiou a máis de 1000 persoas. Con isto aprendemos que debemos comportarnos como se tivésemos o virus, para evitar problemas como este. É importante a corentena, pero hai outra solución, que sería illar os lugares sen contaxiar para que poidan seguir traballando e seguir adiante. Pese á mala reacción que terían as persoas dos lugares contaxiados, sería o mellor por non ter que parar todo o país.

Para concluír, nos lugares onde non hai un confinamento obrigatorio deberiamos facer un individual, desta maneira evitaríamos ir contaxiando a xente e propagar a enfermidade. Isto, é un problema global, polo tanto, debemos quedar na casa, ignorando o ben propio, pero asegurando a saúde da poboación.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.