Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Día do libro (por Sergio Somoza)

O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra cada 23 de abril. Esta celebración foi conmemorada por primeira vez co apoio da UNESCO hai xa 25 anos, no ano 1995. Os principais obxectivos desta celebración son o interese de fomentar a lectura entre todas as persoas, independentemente da súa idade, así como promover a edición , as publicacións de carácter impreso e os dereitos de autor .

As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi .Nesta celebración existía unha tradición consistente que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e elas a cambio agasallábannos cun libro. O 15 de novembro de 1995, a UNESCO acordou proclamar este día como o Día internacional do libro e dos dereitos de autor. A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura buscaba resaltar a gran importancia do libro ao longo da historia, que foi un medio esencial de difusión do coñecemento e dos diversos ámbitos do saber así como unha ferramenta clave para enriquecer a cultura e o coñecemento do conxunto da cidadanía .Por este motivo,esta xornada ten como fin promover o libro e fornecer a través do acceso á cultura do maior número de persoas posible.

Dentro do panorama internacional, a UNESCO decidiu celebrar dunha forma conxunta o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes o 23 de abril de 1616 dentro do calendario gregoriano se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare dentro do calendario xuliano, que aínda utilizaba Inglaterra naquel entón e que marcaba unha diferenza de dez días co calendario gregoriano que se empregaba no conxunto da Península Ibérica. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes.

No Reino Unido e Irlanda o Día do Libro vénse celebrando desde o ano 2002 durante o primeiro xoves de marzo. Ese día as escolas reparten un vale de 1 libra e 1 euro con 50 céntimos, respectivamente, aos nenos e nenas para que poidan mercar os libros, ebooks ou audiolibros que desexen, sobre todo os que se publican especialmente para esta conmemoración. Ese día moitas escolas celebran maratóns de lectura, contacontos, mostras e mercados de libros, entre outras moitas actividades.

En definitiva, o Día do Libro é unha das celebracións para preservar a acción literaria en todos os sentidos, sen entender diferenzas de idade ou xeración. Con todo, este 2020, será a primeira ocasión en moito tempo na que o territorio español non poida celebrar a data ao igual que o Reino Unido, a pesar de que sexa en días distintos por mor da crise do COVID-19, mais ante todo a lectura debe estar presente sempre e, polo tanto, a mellor forma de homenaxear este día durante esta situación é valorando o traballo e esforzo dos escritores e das escritoras que día a día preparan obras literarias coa finalidade de entreter o público que as le, independentemente do rango social ou da idade que teñan.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.