Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Sobre Astrofísica (Por Adriana Vázquez)

Por: Adriana Vázquez (1ºBach-A)

   IMG-20200224-WA0089Imaxe da Charla sobre Astrofísica impartida por Isabel Rebollido

     A curiosidade é unha das cualidades que nos fai humanos, pero  non só por ter esa espiña cravada, senon querer saciar esa ansia e querer quitar esa espiña de todos os xeitos e o máis rápido posible. Se isto o levamos ao campo do universo, non ía ser menos. Xa na antiga Grecia, os filósofos de entón buscaban unha explicación que xustificase porque nos atopamos hoxe aquí, de onde vimos, onde estamos vivindo… a día de hoxe, a astrofísica é a parte da astronomía que estuda as propiedades, evolución e nacemento dos astros utilizando os métodos e leis físicas coñecidas ata agora. Fai uns días, unha astrofísica boirense chamada Isabel Rebollido acudiu ao IES Félix Muriel dar unha charla sobre a súa especialidade científica, dando diferentes opcións de preguntas coma realizar cuestións sobre a súa elección de carreira ou simplemente, dirixidas a datos específicos sobre as múltiples curiosidades que teñamos sobre o universo. Para introducirnos un pouco na súa especialidade, dou unha serie de indicacións e ideas principais relacionadas coa astronomía, pero dende un punto de vista físico.

      

   O inicio desta ciencia foi co nacemento da espectrometría no século XIX, grazas á eles puidemos investigar e averiguar a composición física das estrelas. Este feito foi cambiado por Cecilia Payne a comezos do século XX, cando lle deu unha volta a todos os avances ata o momento e falando dunha nova composición estrela na súa tese de doutoramento. Nela propoñía un 91% de hidróxeno, un 8.9% de helio e un 0.1% de metais; o astrónomo Otto Struve caracterizou o traballo de Cecilia como ‘a mellor tese doutoral en astronomía máis brillante da historia’. Se avanzamos aínda máis na historia desta ciencia, o diagrama de Hertzsprung-Russell achega á historia unha maneira de clasificar ás estrelas segundo as súas características principais: a súa luminosidade e temperatura. Outra das maneiras que axudaron aos científicos para descubrir novos sistemas: a medida de metalicidade (cantidade de ferro respecto ao hidróxeno). Canto máis metálica sexa a estrela que esteamos a analizar, mais probabilidade hai de que existan un maior número de planetas ao seu redor.

         Estes planetas atópanse (na súa maioría) fóra do sistema solar e orbitan arredor doutra estrela, polo que falamos de exoplanetas. O primero coñecido foi no ano 1995 polos astrónomos Michel Mayor y Didier Queloz, ao que chamaron Dimidio. A partir deste momento o número de exoplanetas non para de medrar exponencialmente e, actualmente, falamos duns 4126, dos clases o telescopio Kepler descubre 3000. Os telescopios Teste e Keops actualmente se atópanse en traballo constante para seguir aumentando este número de planetas alleos ao noso sistema de solar. Se seguimos falando de grandes descubrimentos astronómicos, é inevitable falar do telescopio Trappist-1 que atopou sete planetas que xiran arredor dunha estrela, dos cales tres son planetas similares á Terra e están acoplados por gravidade á súa estrela anfitriona, cunha gran porcentaxe de posibilidade de existir auga. Si, é o que estás pensado, trátase de planetas que se atopan nunha zona habitable circunestelar.

       Esta historia non remata aquí, xa que actualmente coñécese arredor dun 4% do universo pero non se coñece canto pode dar de si mesmo este campo da astronomía. Unha complicada tarefa, que é realizada día e noite por grandes científicos e científicas nos distintos campos e pólas das ciencias que día a día nos agasallan cun novo descubrimento. A curiosidade humana é grande, unha das cualidades máis importantes probablemte, dada polo que non sabemos, pero que estamos convencidos que ten que existir. Quen sabe, igual se non quixésemos saber por saber, sen ser algo útil para as nosas vidas, seguiríamos vivindo nas cavernas.

IMG-20200224-WA0091

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.