Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Sen exemplos non funciona o mundo (por Sergio Somoza)

Nos últimos anos, o avance xerado en diversos ámbitos da nosa vida cotiá, máis elemental, foi de gran importancia. Moitos maiores din que moitas veces , é mellor abandonar os teus ideais e aceptar os da maioría resignado coa finalidade de evitar problemas. Lamentablemente, a falta de exemplos en determinadas situacións perxudicaríanos moito como persoas e sociedade.

 En primeiro lugar, debemos pararnos a reflexionar que é un exemplo.Este termo pode ter diversos significados.Podemos referirnos a unha persoa á que consideramos como referente por determinados feitos que realizou a favor dun determinado colectivo ou movemento .Do mesmo xeito , este non é o significado máis común que realizamos deste termo, pois adoitamos empregalo como unha manifestación concreta e específica sobre unha área do saber que é do noso interese. Polo tanto, ter unha abundancia destes é necesario , pois os acontecementos que ocorren día tras día a nivel mundial básanse en feitos concretos, non en conceptos abstractos.

 Mais por outra banda, non debemos deixarnos convencer por calquera idea ou concepto que nos ensinen en calquera ámbito xa que non todos os exemplos que se nos mostran nos medios de comunicación deben ser referentes para unha persoa ou para un grupo delas.É un feito que en moitas situacións, a manipulación condiciona negativamente no funcionamento da sociedade, xerando exemplos que non se axusten á autentica realidade. Todos eles , por moito que nos queiran enganar, son inadecuados á situación na que nolos están propoñendo e polo tanto nese caso non debemos resignarnos a aceptalos, pois de facelo, podemos xerar novos problemas que empeoren o noso benestar.

 Así mesmo, todo o teórico non sempre funciona. É unha realidade que a sociedade non é ciencia nin matemática. Dous máis dous igual a catro non solucionou problemas de convivencia ou de reclamación de dereitos importantes. Se algo caracteriza os exemplos é que se basen en feitos verídicos e realizados. Eses exemplos como foron a obtención do voto feminino,dos Dereitos Humanos do Neno , do dereito a abortar , son mostras de que a sociedade funciona con exemplos. Así mesmo , a loita encabezada polos escritores galeguistas exiliados en Bos Aires durante o réxime Franquista está presente, non é algo tan lonxe de nós. Todos estes exemplos son referentes e modelos que debemos ter en consideración á hora de realizar a nosa vida, pois sen mostras concretas o mundo non cambiaría nunca. Mais todos eses exemplos deben favorecer ao benestar de todos nós e sobre todo, deixando de difundir mostras de exemplos que perxudican a sociedade basándose en aspectos teóricos.En serio consideran que a sociedade é todo teoría?

 En definitiva, vivimos nunha sociedade na que os exemplos constitúen unha fonte de elementos que garanten unha mellor estabilidade e benestar para as persoas, a pesar de que outras moitas se opoñen radicalmente a este feito. Oxalá , os exemplos positivos permitan garantir unha vida feliz para a maior cantidade de xente posible , pois se nos baseamos unicamente en datos teóricos, a nosa forma de ser e de actuar sería moi distinta á que hoxe realizamos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.