Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
A longa espera chega á súa fin (por Miguel Otero)

Despois dunha intensa loita durante anos, o Día das Letras Galegas será dedicado a Carvalho Calero

Como ben sabemos, este ano 2020 é o de Carvalho Calero, autor fundamental na literatura do noso idioma ao que se lle adicará o Día das Letras Galegas. Así pois, nado en Ferrol no 1910, foi un filólogo e escritor licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Converteuse polo tanto nun dos primeiros licenciados nesa rama, ocupando tamén a cátedra de Lingua Galega e Literatura, creada recentemente naquela época.

 Trátase dun autor moi prolífico, escribindo numerosas obras en galego e tornándose unha figura clave no ámbito galeguista e de recuperación do prestixio do noso idioma. Foi polo tanto a súa labor tan comprometida, que tivo presenza nun gran número de proxectos destinados á recuperación do prestixio do galego. Así pois, destaca a súa colaboración na revista Nós, a súa militancia no Partido Galeguista, no cal ingresou no 1927 ou a participación na redacción do Estatuto de Autonomía. Máis tarde no 1958, entraría na Real Academia Galega e publicou obras como Historia da literatura galega contemporánea, ou Vieiros.

 Xa que logo vemos como a súa acción foi moi relevante, a través de escritos relacionados coa lingua e literatura galegas, intensificando as publicacións nos seus últimos dez anos, con creacións como Scórpio ou Associçom Galega da Língua. Polo tanto, isto lévanos a pensar na cuestión que se leva debatendo durante tantos anos entre os altos cargos da RAG. Se tan importante foi a contribución de Carvalho Calero ó noso idioma, por que non se lle adicou nunca o día Das Letras Galegas? A resposta é moi sinxela, pois ten a súa base en motivos políticos, posto que este foi o principal defensor e fundador do reintegracionismo. Pero que problema supuña isto? Se ben en aparencia no semella unha traba para a súa homenaxe, o certo é que o achegamento do galego ao portugués, e o apoio a unha normativa que avoga pola defensa da tradición, adoita relacionarse con grupos independentistas e, polo tanto, considerouse que isto xeraría unha gran controversia. Mais non só por este motivo senón que tamén debido a que existe unha forte división de opinións no que se refire á normativa actual do galego, e polo tanto, isto deu lugar a unha demora desproporcionada.

 Como iamos dicindo, foi silenciado, e dalgún xeito menosprezado durante uns trinta anos, por ser o creador da norma alternativa que máis tarde sería acollida por moitas persoas. Durante a época dos oitenta e noventa, estivo vinculado a toda causa reintegracionista e a súa influencia e docencia foi levada a cabo dun xeito un pouco clandestino. Neste sentido, podemos facer referencia a unha das súa achegas máis importante, como é a elaboración da Gramática elemental do galego común, unha das normativas que se elaboraron en relación coa lingua galega.

 En definitiva, temos que destacar a importancia da homenaxe ao autor, a cal se celebra no ano do seu 110 aniversario, xa que é un paso significativo de cara á eliminación de conflitos entre diversos grupos, algo que parece totalmente ilóxico, pois neste tipo de decisións debe primar a




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.