Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Reintegracionismo (por Jorge Méndez)

Resultado de imaxes para: reintegracionismoNo momento no cal o galego se converteu nunha lingua oficial, existían dous modelos normativos: o oficialista e o reintegracionista. O primeiro supón que o galego é unha lingua sen dependencia algunha e que está desvinculado do portugúes, motivo polo que adóptase unha ortografía herdada do castelán. Por outra banda, o modelo reintegracionista entende todo o contrario defendendo a aproximación ortográfica ao portugués, considerando que ambos os dous idiomas seguen formando parte dun único sistema lingüístico.

Que o galego está perdendo día a día máis falantes, non é unha novidade, e tampouco é nova a necesidade de ideas para recuperalos. Na actualidade estanse desenvolvendo numerosos plans de normalización lingüística para integrar o galego na sociedade e favorecer o seu uso, pero os numerosos prexuízo fan que o galego estea vivindo unha situación de substitición lingüística debido á diglosia, ao ser considerado polos propios falantes unha lingua secundaria.

Moita xente cre que un plan para tratar de mellorar a situación do idioma, sería cambiar o modelo normativo actual en favor do reintegracionista e acercarnos ao portugúes; persoalmente, opino que sería un acerto. Se analizamos pausadamente os principais prexuízos que existen en contra do galego, percatarémonos de que a meirande parte deles consisten en pesar que o idioma do noso país é “sumiso” ao castelán, é dicir, que toma numerosos castelanismos e que está en moitas ocasións mal falado . Acercarnos ao portugués, podería erradicar este prexuízo da sociedade, ao igual que faría que a xente vise o galego como un idioma máis “valido” ao ver aínda máis claro o seu uso en todo o vasto territorio luso.

Por outra banda, realizar este cambio no modelo lingúístico podería mellorar a conciencia lingüística notablemente, pois favorecería a súa integración na sociedade. Ao ser unha lingua máis alonxada do castelán, a xente utilizaría máis o galego (pois é o elemento diferencialista) e aumentaría así o número de falantes.

Cabe destacar que o galego, hoxe en día, quizáis necesite unha revitalización, e non só o digo eu, senón que tamén o afirman membros da AGAL e o reintegracionismo pode ser a clave para realizar isto. Ademais, na actualidade este modelo lingüístico está mais expandido que hai trinta anos, pois con Internet todos sabemos como é o portugués e témolo escoitado falar. Entón, un bo plan para frear a perda de falantes, sería revitalizar o idioma cambiando o modelo normativo, pero de xeito paulatino e avanzando paralelamente noutras estratexias para atraer á poboación, traballando coa lingua no ensino e nos ámbitos urbanos.

 

O reintegracionismo alonxanos do castelán e acercanos ao portugúes, conseguindo así unha diferenza do español que revitalizaría o noso idioma na procura da mellora do mesmo. Esta idea de realizarse pouco a pouco, podería mellorar notablemente a situación do galego a longo plazo, pero hai que traballala e integrala lentamente na sociedade.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.