Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Programa PIALE: estancia formativa en Canadá para coñecer o sistema educativo canadiense

     Pilar Pérez Piale   Do 11 de Novembro ao 9 de Decembro, a profesora Pilar Pérez, que forma parte da sección bilingüe do IES Félix Muriel de Rianxo, ven de coñecer o funcionamento do Lisgar Collegiate Institute, un instituto de Secundaria (o High School) con sede en Ottawa, no marco do programa PIALE da Xunta de Galicia. Neste periodo conviviu cunha familia canadiense.

           No eido educativo, Canadá posee un dos sistemas educativos mellor valorados do mundo, xa que ofrece numerosas oportunidades de desenvolvemento profesional e persoal.

        A organización do alumnado nas clases non é por grupos senón por materias. Cada materia se imparte nunha aula fixa á que vai o alumnado matriculado nela. Estudian catro materias por semestre de xeito intensivo, oito por ano académico, existindo unha gran variedade de materias optativas. O alumnado adica tempo ao voluntariado, e para graduarse son precisas 40 horas neste ámbito (Community Involvement Activities).

        Os colexios son espazos abertos, sen reixas. O profesorado non acostuma a rifarlle ao alumnado e promóvense o respecto e a responsabilidade.

          “A experiencia é moi positiva, veño reforzada como docente”, asegura a profesora.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.