Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Por que Carvalho Calero non foi escollido até agora para o Día das Letras Galegas (por Laura Fernández)

Resultado de imaxes para: carvalho caleroO Día das Letras Galegas é unha celebración instaurada pola Real Academia Galega dende o ano 1963. O fin desta actividade é homenaxear a todas esas persoas que ao longo da historia foron importantes na creación de obras literarias en galego e mesmo pola súa defensa da lingua. Rosalía de Castro foi a primeira autora á que se lle dedicou esta celebración. Porén, hai  autores que contan cun gran labor cultural pero que foron elixidos de forma posterior con respecto a outras figuras menores; un exemplo é o caso de Carvalho Calero. Por qué unha figura tan salientable  na loita pola cultura e a lingua galega non foi elixida para ser homenaxeada ata este ano?

En primeiro lugar, podería ser que Carvalho Calero non cumprise os requisitos para ser o protagonista desta celebración pero non é caso. A parte de loitar pola defensa da cultura galega e contribuír de forma notable na produción literaria, un dos principais requisitos para poder ser homenaxeado é que teñen que pasar polo menos dez anos dende o falecemento do autor. Carvalho Calero faleceu no ano  1990, polo tanto,a pregunta presentada segue sen contestarse.

Unha vez en Santiago de Compostela, Carvalho Calero vinculouse con diversas correntes culturais coma o Seminario de Estudos Galegos ademais de poñerse en contacto co galeguismo. Durante varios anos, revistas literarias como por exemplo A Nosa Terra, Nós, Galiza ou Resol recibiron a colaboración deste autor ferrolán ó mesmo tempo que participaba na creación do Partido Galeguista e no proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1936. Tras o golpe militar, créase en 1963 a Cátedra de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, sendo el a primeira persoa en converterse en catedrático de  lingua galega. Xunto con isto, é o autor da Gramática elemental do galego común; manual sobre a lingua galega moi valioso durante a época posto que serviu de impulso cara unha normativa unificadora para o galego.

No referente ao ámbito literario, Carvalho Calero cultivou diferentes xéneros como a poesía, o teatro, pero  sobre todo o ensaio. Vieiros é a obra que marca o comezo da súa produción lírica en galego. No ano 1951 publícase A xente da Barreira, primeira novela publicada en galego tras a Guerra Civil. Porén,unha das obras ensaísticas máis salientable é Historia da Literatura Galega Contemporánea , xa que detrás dela atópase unha gran labor de investigación acerca da historia da lingua galega que permitiu coñecer moito máis sobre este ámbito.

Ata o de agora, o escritor ferrolán cumpre todos os requisitos para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas. Entón, cal é o verdadeiro motivo polo que non foi elixido? Dende o ano 1958, Carvalho Calero foi membro da Real Academia Galega. Anos máis tarde, durante a década dos 70, defendeu a corrente reintegracionista (movemento que defende galego e portugués son variantes dun mesmo sistema lingüístico; o reintegracionismo sempre estivo vinculado ao nacionalismo e ao independentismo de esquerdas). No momento no que a lingua galega recibe o estatus de lingua oficial; por exemplo cando a lei recoñeceu á RAG a capacidade de fixar unha normal do galego o reintegracionismo quedou como unha idea marxinal. Todo isto propiciou un debate entre os defensores da norma da Academia e os do reintegracionismo que segue vixente até o día de hoxe. Como consecuencia disto, algúns dos actuais membros da RAG opuxéronse durante todo este tempo á súa figura por motivos ideolóxicos.

En conclusión, Carvalho Calero foi posposto con respecto a outras figuras menores. Falamos da primeira persoa en se converter en catedrático en lingua galega, en buscar unha normativa unificadora para o galego, dun defensor e loitador da cultura do súa terra. Sen dúbida, dunha persoa moi importante para a historia da lingua e da literatura galegas e merecedora dun homenaxe como o do Día das Letras Galegas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.