Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Carvalho Calero será homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020 (por Sergio Somoza)

Resultado de imaxes para: carvalho caleroNo ano 2020, o Día das Letras Galegas será homenaxeado ao escritor ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Esta conmemoración, que cumprirá 57 anos dende a súa posta en marcha en pleno réxime franquista , serviu de homenaxe e de recoñecemento a moitos escritores e escritoras galegos como Castelao,Rosalía de Castro ou Rafael Dieste, mais Carvalho Calero non figurou na lista de homenaxeados ata este momento. A que se debe isto realmente?

 Se algo caracterizou a vida de Carvalho Calero foi a considerable variedade de actividades que desempeñou . Tras cursar o Bacharelato, licenciouse en Dereito e Filosofía e Letras.Neste momento, relacionouse co movemento galeguista participando na revista Nós, no Seminario de Estudos Galegos, sendo ademais un dos colaboradores que participaron na redacción do Estatuto de Autonomía para Galicia en 1936 xunto co rianxeiro Castelao. Co inicio da Guerra Civil uniuse á loita como miliciano e co inicio do Franquismo foi condenado a 12 anos pero acadou a liberdade condicional e non podía acceder a cargos públicos. Uns anos despois, en 1958, ingresou na Universidade e dedicouse exclusivamente á labor de docente ata xubilarse, en 1980, Carvalho publicou numerosas obras relacionadas coa lingua e literatura galegas, destinadas a afirmar a súa formación universitaria e colaborou coa Asociación Galega de Escritores ou a Associaçom Galega da Língua, mais se foi o primeiro autor en escribir un proxecto de gramática galega , por que non se lle concedeu a distinción de ser homenaxeado no Día das Letras Galegas?

 Para que un autor sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas ten que cumprir unha serie de requisitos.O primeiro requisito que precisan é realizar unha importante labor que favorecera de xeito positivo á cultura e a lingua galega.Así mesmo, precísase como mínimo, que pasen 10 anos dende o seu falecemento para poder adicárllelo. Carvalho Calero faleceu hai 3 décadas e a súa labor a favor da cultura e da lingua galega foi de gran relevancia , o cal xerou un descontento social amplo por parte da sociedade porque durante 2 décadas se leva esixindo dende o pobo que se propuxera a candidatura e non foi proposta ata o 2020, sendo adicada esta celebración a outros autores menos prolíficos ca el.

 Se algo dificultou e retrasou a elección deste escritor como homenaxeado no Día dasa Letras Galegas foi o seu compromiso e defensa da corrente reintegracionista. Esta corrente defende que o galego é unha variedade do portugués , polo que a escrita do galego no noso país sería igual á do idioma luso e, en consecuencia , este movemento propón a adopción dunha grafía e gramática baseada na do idioma do país veciño. Ricardo Carvalho Calero recolleu a partir de 1980 nunha serie de obras as propostas realizadas por Xoán Vicente Viqueira e Jose Martinho Montero Santalha, e no 1981 nacía o principal organismo reintegracionista, a AGAL. Mais os lusistas cren que a normativa oficial do galego, da RAG, é inadecuada porque o galego estaría castelanizado ao basearse en moitas estruturas semellantes, o cal é complexo de modificar, e a pesar de que o autor homenaxeado nestas Letras Galegas fose o primeiro en elaborar unha gramática para o noso idioma nos anos 60, non logrou o apoio suficiente ata a actualidade por comprometerse cunha idea sobre a lingua galega oposta á dos intelectuais que forman parte da RAG. Algunhas desas normas que o diferenzan son o emprego de -nh-, -lh- e -con, en lugar de -ñ-,-ll- e ción. Escritoras como Marilar Aleixandre, membra da RAG actualmente, afirmaba o pasado mes de xuño a dificultade que xurdía á hora de elixir a súa candidatura pola súa defensa reintegracionista, alegando a súa elección como modo de homenaxe cara o labor desempeñado pola cultura galega , desvinculándoo cun posible acordo cas teses que este sostiña. Así mesmo, outros autores como Méndez Ferrín, consideran interesante a candidatura porque permitiría poder coñecer en maior profundidade a corrente lusista no futuro. Este desacordo en determinados aspectos é o que condicionou en maior ou menor medida á súa elección tras dúas décadas de espera. Os intereses políticos dos distintos integrantes da asemblea da Real Academia Galega e esa imparcialidade é a que xerou todo isto. Mais, tras darse este paso , o interese de moitas persoas de que a norma AGAL sexa recoñecida pola RAG segue presente e só consideran iso o inicio dese proxecto.

 En definitiva, Carvalho Calero foi un autor de gran importancia para a cultura e para a lingua durante o réxime Franquista, que elaborou a primeira gramática recente para o galego , aspecto que foi de gran importancia para a estandarización do idioma. Con todo , as súas posicións reintegracionistas apartárono da súa presenza no Día das Letras Galegas ata o ano 2020 despois de dúas décadas de espera e de descontento social pola tendencia político-ideolóxica realizada dentro da institución reguladora desta conmemoración, a RAG.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.