Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
A mina contamina (por Lía Seijas)

O Sábado día 22 de febreiro celebrouse unha sesión de contacontos, chamada “A mina contamina”, na Biblioteca Municipal de Rianxo. Consistía en informar ao público sobre os graves problemas ambientais e sociais que as minas están causando en Galiza.

Numerosos ecoloxistas e traballadores afectados pola contaminación das minas, están loitando contra empresas de moito poder apoiadas polos gobernos. Estas empresas estranxeiras, que sacaron os minerais do fondo das nosas terras, deberían de restaurar ese desastre que causaron e levar a cabo un labor para eliminar a contaminación das augas antes de que estas foran cara ao mar pasando polos ríos. Estamos a falar dun problema que non só afecta ás terras, senón tamén aos animais e ás persoas.

Mentres isto está acontecendo os gobernos desenténdense, xa que se lles debería de esixir ás empresas mineiras que cumpran coas súas obrigas. Ademais o goberno despreocúpase de que as leis que protexen a natureza e a vida dos humanos se cumpran.  A única solución deste problema é informar á xente da verdade, a través de charlas, contacontos, manifestacións, presentacións, entre outras actividades.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.