Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Actividades
A importancia dos exemplos (por Paloma Sobradelo)

Resultado de imaxes para: exemplosO termo exemplo fai referencia a un feito ou conduta que se toma como modelo a seguir ou ben para ser evitado, segundo o seu perfil positivo ou negativo. É importante ter como referente a alguén que cos seus actos demostre un alto nivel de madurez e bondade, que son as calidades básicas para medrar como persoa. Os exemplos adquiren gran importancia á hora de marcar os obxectivos que perseguimos na vida. Un ámbito no que vemos reflexado a importancia dos exemplos é na relación paterna e materna.

En canto á relación de pais e fillos, dende que nacemos, temos de exemplo a figura dos nosos pais debido á presenza diaria e a interacción cos seus fillos. Non só poden servir de modelos, senón que deben ser bos modelos para a evolución dos rapaces. Así mesmo, a responsabilidade de ser un bo exemplo tamén pode animar aos pais a mellorar a situación da súa vida. Isto vese reflexado nesta famosa frase de Rafael Pombo: “Nai, vou seguirche, vai ti diante que dándome o exemplo, fareino ao instante”.

Pero, cal é o exemplo adecuado? A educación é o piar fundamental na formación dunha persoa e é o que nos inculcan os nosos pais. Como tratar ás persoas, afrontar responsabilidades, boas maneiras, a reacción fronte ás dificultades e moitos outros valores que implican a eduación dunha persoa. “Nacemos humanos pero iso non é suficiente: temos que chegar tamén a selo”, afirma Fernando Savater facendo referencia á educación, no seu libro O valor de educar, Editorial Ariel, 2008.

Certamente ningún pai ou nai quere dar un mal exemplo ao seu fillo, nin quere ser o causante do seu mal comportamento, o que pasa é que moitas veces actuamos inconscientemente e tamén esquecemos que os nenos son como esponxas e aprenden e imitan todo o que ven. Iso inclúe cousas boas e outras non tanto. Deste xeito, os pais teñen unha gran responsabilidade sobre os nenos dende o momento da súa concepción e non únicamente nos referimos a educalos, senón tamén á responsabilidade de alimentalos, vestilos, procurar que sexan saudables e que medren fortes.

En conclusión, os pais dedican gran parte da súa vida a educar e a ser un exemplo para o seus fillos. Así mesmo, toda persoa precisa un modelo que seguir para actuar correctamente e, os nenos, teñen como primeiro exemplo a figura dos seus pais, os que lle inculcan os valores necesarios para vivir e formarse como persoa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.