Imaxe de cabeceira
Axenda cultural

O domingo 12 de xaneiro celebrouse en Rianxo unha homenaxe a Castelao. Desenvolveuse diante da súa estatua, onde diversas persoas falaron sobre el e o galego.

Castelao foi un intelectual galeguista, de Rianxo, moi importante para a literatura galega. Escribiu obras coñecidas como Os vellos non deben de namorarse, Sempre en Galiza, Cousas, etc. Ademais de destacar na literatura, faino tamén na política, xa que foi líder do Partido Galeguista, conseguiu que se aprobara o Estatuto de Autonomía (pese a que finalmente non se puido poñer en vigor debido ao golpe de estado que provocou a Guerra Civil), entre outras. Con todo, polos seus pensamentos, tivo que exiliarse e marchou a América, máis concretamente a Bos Aires. Alí, pese a que pensaba que ía  volver e morrer en Galiza, faleceu o 7 de xaneiro de 1950, e por iso foi homenaxeado o domingo.

No acto, repartiron caraveis vermellos e bandeiras de Galiza. Os primeiros colocáronse cando rematou, debaixo da súa estatua, no seu pobo natal. Diversas persoas leron discursos para recordar a vida e a carreira deste personaxe tan importante, non só para a literatura galega, senón tamén para Galiza. Lembraron a súa traxectoria, porque Castelao é unha personaxe fundamental para a historia de Galicia, por exemplo, grazas a  el,  hoxe Galiza é unha nacionalidade histórica. Ademais do seu activismo contra o fascismo e a favor da normalización da lingua galega que, entre outras cousas, o levaron ao exilio. Tamén denunciaron este feito e recordaron que el seguiu traballando e loitando pola súa causa dende alí.

En definitiva, Castelao foi un pintor, dramaturgo, narrador, ensaísta e político de Rianxo. Morreu o 7 de xaneiro de 1950 exiliado en Bos Aires debido aos seus ideais e por iso mesmo, foi homenaxeado no seu pobo natal o pasado domingo.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.