Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Informan os medios de comunicación de forma obxectiva sobre o conflito catalán? (por Sergio Somoza)

Resultado de imaxes para conflito catalánO conflito catalán é unha das novas cuxa presenza nos medios nos últimos tempos é abundante. Os medios de comunicación , ao igual que noutras aspectos, manipulan a información. Por tanto, considero que a perspectiva que se dá sobre este tema é excesivamente subxectiva en determinados sitios web xornalísticos.

En primeiro lugar, debemos sinalar que todos os medios de comunicación teñen un obxectivo común, informar. Teoricamente todas as televisión, radios e xornais  deberían transmitir o mesmo , mais na actualidade existen cada vez máis o fenómeno de persuasión. Isto é un aspecto prexudicial para o receptor, ao manipular o seu sentido crítico sen decatarse dese feito.

Por outra banda, hai que lembrar que diariamente todas as televisións emiten imaxes sobre as manifestacións en contra da sentenza do ´´Procés´´. Mais este contido adoita estar manipulado , tanto en medios públicos como en privados, por unha razón: o beneficio económico de terceiras persoas. Persoas que gañan moito diñeiro por enganar a xente que só recibe o que a televisión transmite. De verdade queremos un mundo así?

Nos últimos días, os actos vandálicos en Barcelona son o único feito captado pola prensa. Por outro lado, os miles de manifestantes que reivindicaban o dereito de autodeterminación non foron vistos polos telespectadores. Sen dúbida, o mundo xornalístico pretende ensinarnos unha vez máis o que realmente lles interesa que a xente vexa,  provocando que a xente teña prexuízos cara os independentistas considerándoos de ´´vandálicos, violentos e antidemocráticos ´´. Os activistas pacíficos defensores da Independencia de Cataluña non foron nomeados en ningún momento, demostrando o interese persuasivo unha vez máis.

En definitiva , debemos pensar unha vez máis que supón ser informados de xeito subxectivo. Toda subxectividade dende o mundo da información é negativa, pois así , o pobo non coñecerá correctamente o que acontece no mundo que lle rodea e o conflito entre a cidadanía será maior. Se mostramos maior interese polo sentido crítico, a convivencia poderá ser mellor e en consecuencia, a subxectividade da prensa será combatida.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.