Imaxe de cabeceira
Axenda cultural
Falar por falar (por Adriana Romero)

O venres día 22 de novembro representouse unha obra de teatro no auditorio de Rianxo. Titulábase “Falar por falar” e estaba protagonizada por Carlos Santiago e Pepe Penabade. Estes falaban sobre a historia da lingua galega e as súas anécdotas persoais.

Un era de Santiago de Compostela e outro do medio rural. Falaron de como o galego estaba mal visto na sociedade en xeral, no seu tempo, pero máis no ámbito do primeiro que no do segundo. Na escola, non podían falar galego e incluso lles pegaban se os oían. A situación cambiou ata o punto de que, antes falábano e non lles deixaban e agora que se pode, non se fala. Con todo, o pai dun pegoulle por contar un chiste en galego diante dos seus amigos. Tamén cantaron unha canción de rock en galego, coa que un deles abriu a súa mente e comezou a falar a nosa lingua.

En canto á historia da lingua, contaron varias etapas do galego. Parodiaron a Isabel a Católica, coa doma e castración do Reino de Galiza. Ademais, leron unha cantiga e falaron tanto das cantigas de escarnio e maldizer como das de amigo. Dixeron que estas últimas eran normais, de amor, pero que na literatura galego-portuguesa tamén temos composicións que critican e falan mal da xente, sen problemas, como son as de escarnio e maldizer. Relacionado con isto, mencionaron a antiga unión de Galicia e Portugal, cando incluso compartíamos lingua. Con todo, imitaron a “Chicote”, un cociñeiro que presenta na televisión un programa de malos restaurantes. Probaba unha lingua que, neste caso, representaba a lingua galega. Este, dicía que estaba mala, mentres que o outro lle ía dicindo que era normal con todos os problemas que tivera esa lingua na súa historia.

En definitiva, a obra falaba da historia da lingua galega e dos dous protagonistas en concreto. O seu obxectivo era promover a lingua galega e animar a xente a falaba.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.