Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Axúdasnos a poñer a Rosalía de Castro no ceo? Campaña #EstrelaRosalía

VOTA ESTRELA ROSALÍA_Cartaz Dixital_3-1

A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas siglas en inglés) foi fundada hai un século, en 1919. Para celebrar o seu centenario, a IAU organizou a campaña mundial NameExoWorlds, que permite que cada país do mundo lle poña nome a unha estrela cun exoplaneta asociado.

HD 149143 é a estrela asignada a España. É unha anana amarela parecida ao noso Sol situada a 240 anos luz de nós, na constelación de Ofiúco, o Serpentario. A súa magnitude relativa é 7,89, o cal a converte nun obxecto visíbel con prismáticos en ceos escuros. O exoplaneta HD 149143 b foi descuberto en 2005. É un xigante gasoso un pouco maior que Xúpiter que orbita a oito millóns de quilómetros da súa estrela: tarda só 4,1 días en dar unha volta completa arredor dela.

A Agrupación Astronómica Coruñesa  propuxo nesta campaña o nome de Rosalía de Castro para a estrela HD 149143, e o de Río Sar para o seu exoplaneta HD 149143 b.

Podedes votar xa e até o 12 de novembro no sitio web que creou o comité español da IAU: www.nombraexoplanetas.es.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.