O venres 4 de outubro celebráronse en Rianxo dous actos: unha homenaxe ás mulleres republicanas solidarias e a obra de teatro “Unha primavera para Aldara”.
No primeiro, explicáronnos que as mulleres se opoñían ao Estado dunha maneira particular, sendo solidarias cos homes que estaban presos no campo de concentración. Normalmente, elas non eran as arrestadas, pero nese lugar había moitas persoas encerradas en moi malas condicións. Polo tanto, ían a darlles comida e coidalos, isto axudábaos, ademais de a sobrevivir, a saber que aínda había xente que se preocupaba por eles. Debido a isto, elas tamén foron maltratadas (rapábanlles a cabeza, etc) algo que non nos adoitan contar. Ademais, este ano a homenaxe centrouse nunha persoa en particular, Chelo.
Por outro lado a obra de teatro “Unha primavera para Aldara” está baseada no libro de Teresa Moure co mesmo nome e foi interpretada pola escola de teatro Airiños. Conta a historia dun grupo de monxas e novizas que vivían nun convento, pero non cumprían totalmente as ordes da Igrexa. Con isto quero dicir que algunhas mantiñan relacións sexuais cos homes que ían alí a refuxiarse (unha tivo que deixar de ser noviza porque ía a ter un fillo). A Abadesa (Aldara), tivo unha historia de amor cunha muller que se facía pasar por home para ser respectada. Esta participaba nas revoltas irmandiñas e coñecéronse cando foi ferida a refuxiarse no convento. A historia ten un final tráxico.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]