O Venres en Rianxo presentouse o libro de Luís Rei Nuñez O libre pensamento. Este acto non podía realizarse nun lugar máis apropiado que o da vila mariñeira, posto que o contido da obra fai un percorrido pola vida do escritor que viviu en Rianxo, loitando pola identidade da súa terra e da súa lingua. O acto ademais tiña unha capa de maxia a maiores, pois as palabras do escritor resoaban entre as catro paredes onde nacía un 29 de xaneiro de 1899 o escritor Rianxeiro e onde sufriu 82 anos despois unha caída polas escaleiras que o fixo entrar nun estado de coma do que non se puido recuperar, falecendo o 15 de outubro.
Uns amigos do escritor relataron a historia do día da súa morte. Quedaran para ir velo, pois coñecían o seu estado de saúde. Deuse a casualidade de que, cando chegaron ao Hospital, atopáronse con Rafael recén falecido. A muller pídelles que baixen a cubrir a “esquela” (castelanismo moi asentado no galego, empregado por Santos, en vez de utilizar necrolóxica). Os dous homes erran ao ordenarlle ao ascensor o piso ao que deben ir, e este lévaos á planta máis baixa, onde se atopan con Rafael Dieste morto. Santos conta que non souberon que dicirlle, pero que Rafael botoulles un sorriso, algo que ningún dos dous vai esquecer. Esta anécdota foi imprescindible na presentación da súa biografía, pois deixa ver a parte humana do ilustre rianxeiro. Posto que para a xente máis nova de Rianxo, a morte do seu veciño non é hoxe un recordo palpable, todos coñecen a importancia que tivo para a súa terra e para súa lingua, pero non a súa faceta como coñecido e querido rianxeiro.
Luís Rei Núñez, di que Rafael foi “un home radicalmente libre”, pois dende a súa propia conciencia formou un pensamento independente, case sempre nas fronteiras. El dicía igual que Oroza: “Dejad que el trigo crezca en las fronteras”. Isto hai que entendelo tendo en conta o mundo no que viviu Rafael Dieste, pois eran tempos de debates ideolóxicos, onde moitos coetáneos del cambiaron en máis dunha ocasión de bando. Esta foi a razón pola que Luís decidiu escribir a súa biografía con unha xustificada admiración.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]