Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
A situación do galego na actualidade (por Sergio Somoza)

Galicia é un territorio no que conviven dous idiomas, o galego e o castelán. A lingua propia deste territorio é recoñecida como oficial dende a aprobación da Constitución Española do ano 1978, na que se recoñece a este territorio como Nacionalidade Histórica. A pesar diso, o número de galegofalantes diminuiu notablemente.

En primeiro lugar, debemos destacar algúns dos factores que están contribuíndo negativamente a este fenómeno. A presenza do castelán na maior parte dos medios de comunicación, da tecnoloxía ou da informática son aspectos que condicionan notablemente a situación actual da lingua galega.    Neste sentido, non todo é negativo. Por primeira dende a publicación dos informes do Instituto Galego de Estatística do ano 2013, os datos relacionados co uso da lingua afirman que, no período 2013-2018 , aumentou o número de galegof

alantes nun 0.9%. Aínda que esta cifra sexa positiva, segue sendo preocupante, pois só algo máis da metade da poboación sabe utilizalo ou o emprega maioritariamente.

Por outro lado, debemos destacar do mesmo xeito, que o número de pais que deciden educar os seus fillos na nosa lingua aumentou nunhas proporcións pequenas, alcanzando un 44.34%, mentres que un 62% utiliza castelán e galego indistintamente no fogar. Mais nas xeracións novas, a pesar de que falen máis galego, diminuíu a conciencia lingüística. O 26 % dos xoves afirman que non saben falar galego cando en realidade teñen coñecementos suficientes para o seu uso, un aspecto que resulta paradoxal ao observar que é o idioma que maioritariamente utilizan en todos os ámbitos ou na maior parte deles.

En terceiro lugar, debemos destacar que a presenza do galego nos medios de comunicación é cada menor. Dende a primeira aparición dun medio de comunicación en galego durante o Franquismo coa emisión dun programa da BBC Radio na nosa lingua, este idioma non se consolidou por completo neste ámbito. Actualmente neste sector existen a Radio Galega e a Radio Galega Música de programación xeralista, mais habitualmente esta emisora recibe moitas críticas dos oíntes polo escaso contido de música galega durante os seus programas e espazos. A isto hai que engadir que a presenza do galego noutros medios audiovisuais é escasa. É un feito que RNE só emite durante unha hora en galego na súa programación durante a desconexión territorial e que outras canles de radio de orixe galega utilizan en todo momento o castelán nos seus espazos. Isto é algo que non deixa de sorprender.

En conclusión , o galego está resistindo, vivindo unha melloría nunha proporción moi pequena, ao estar condicionado por factores sociais que influencian negativamente o futuro do idioma. Se se loita por estender o uso normalizado da lingua propia de Galicia, estas cifras deberían reflectir unha melloría significativa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.