Nº 1
Facía frío.
El xa non o notaba pero era un frío que chegaba aos ósos e conxelaba o sangue nas veas.
O tipo de frío que che roubaba o alento con cada expiración que dabas, deixando que os teus pulmóns abandonasen o aire nunha nube de néboa que se esvaecía suavemente.
O atardecer comezaba a mostrarse sobre os altos e grandes montes que rodeaban a súa ubicación.
Era unha fermosa vista.
O último que ía ver
Quizais debería volver a pedir axuda?
Mirou as súas pernas conxeladas e entumecidas coa consideración de alguén delirante.
Fíxose a escuridade.
Nº2
O sol tocaba a súa pel, non con suavidade, senón co ardente roce dunha amante fría, cunha queimadura dolorosa.
A súa pel estaba vermella e rogou pola fría noite; pero a estrela aínda dominaba o alto do ceo.
Caeu de xeonllos e elevou a súa mirada ao ceo antes de cerrar os ollos.
Sentiuse cansado e sedento, o seu corpo non quería dar un paso máis.
Caeu de lado na moldeable area.
As súas pálpebras volvéronse a abrir. Non caeron bágoas cando a area entrou nos seus ollos, xa non tiña líquido nin para iso.
Mirou á distancia, grandes árbores verdes apareceron no alto dunha duna.
Un sorriso creceu nos seus murchos beizos.
Fíxose a escuridade.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]