Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Cea (relato de Sabela Gey)

Mostrou os dentes nun sorriso cálido ao cliente entrante e a súa doce voz saiu con suavidade da súa boca.

Case puido ver como se fundía co home.

Vocalizou cada sílaba con coidado, desfrutando de cada reacción que lle causaba ao novo. Moveu os seus beizos sensualmente e os ollos do xove dirixíronse a eles.

Esta noite tería compañía.

O rapaz foise feliz con esa promesa, un salto no seu paso e as compras que viñera facer olvidadas.

Esta noite tería compaía.

Preguntouse como reaccionaría o mozo cando soubese o que ía facer con el.

Pasou súa lingua polos seus afiaos dentes.

Esta noite terá unha gran cea.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.