Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Tres semanas para reiniciarse no galego (por Antía Caamaño)

O Faro de Vigo anunciou que o alumnado do IES Otero Pedrayo asume o reto de vivir 21 días falando durante todo o día só coa lingua propia de Galiza.

Os alumnos e profesores do IES Otero Pedrayo, iniciaron o 15 de xaneiro tres semanas falando só galego. A iniciativa produciuse no IES da Pobra do Caramiñal, hai seis anos e foi apoiada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Falar galego durante 21 días as 24 horas vai ser un avance si ou si. A vicedirectora do instituto afirma que se decidiu facer iso porque  a lingua neste momento necesita promoción e tamén reflexión. Está claro que non todos os alumnos se van a olvidar do castelán e van falar galego o resto das súas vidas, pero vai axudar a que moitos perdan o medo a empregalo e moitos outros non sintan vergoña de empregar en todos os ámbitos a lingua que empregan na casa.

Eu penso que se falan galego en todos os ámbitos durante 21 días, os alumnos implicados perderán o medo a falar galego e collerán máis soltura. No caso dos rapaces e rapazas que o empregan coa familia pero non cos amigos, perderán a vergoña e deixarase de dar unha substitución lingüística. Está claro que hai un problema co galego nos centros educativos, pois a porcentaxe do  galego como lingua oral é moi baixa e moitos rapaces galegofalantes recoñecen que se ven obrigados a falar castelán na clase.

Non se pretende que pasadas as tres semanas todos os alumnos falen só galego, só con que algúns comecen a falalo ou perdan o medo e vergoña xa será un triunfo. Ese feito xeración tras xeración fará evolucionar o emprego do galego oral.

Preguntóuselles aos alumnos e alumnas que opinaban sobre esa iniciativa a resposta de moitos foi que na casa ou antes de comezar o colexio falaban galego e debido á influenza ben dos profesores ou dos compañeiros comezaron a empregar o castelán. Por esa razón este reto paréceme unha boa iniciativa, porque a eses rapaces vailles facer perder a vergoña de falar galego ao ver aos seus compañeiros falandoo e aos castelán-falantes a coller a costume de falar a lingua propia de Galiza.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.