Imaxe de cabeceira
Varia
O racismo nos Estados ¿Unidos? (por Ismael Boga)

A discriminación racial é, actualmente, un tema de gran interese social, o cal nos incumbe a todos. Definimos o racismo como o punto de vista, prácticas e acción que reflicten que a humanidade está dividida en diferentes grupos biolóxicos denominados razas, algunhas das cales comparten atributos que lles fan pensar que son superiores a outras, pero acaso existen razas superiores a outras?

Podemos mirar ao pasado para atopar unha explicación ao problema racial que vivimos dende fai moito tempo. O orixe está no libro máis lido e vendido na historia: a Biblia. Nas narracións do Diluvio Universal, indícanse tres razas humanas a partir dos fillos de Noé, mais nun momento determinado este condena aos descendentes do seu neto Canaán a servir a seus irmáns. A interpretación racista da Biblia sostén que nese momento condenou a raza negra a servir á branca. Esta interpretación foi difundida e ensinada aos mozos africanos polas autoridades coloniais e misioneiros católicos durante a primeira metade do século XX. Pode un libro dividir á sociedade durante miles de anos? En este caso, si.

As consecuencias dos ideais liberados no pasado foron, entre outras, o maior xenocidio cometido no século XX, levado a cabo polos nazis, o Holocausto, onde morreron arredor de 9 millóns de xudeus, case o 80% da poboación xudía europea. Actualmente segue habendo unha clara idea de superioridade da xente branca sobre o resto de razas, que moito se debe ás persoas que seguen divulgando ideas de antigos líderes fascistas que culpaban a outras razas do mal da chamada “raza aria”.

Considerado o país con máis conflitos raciais no mundo, Estados Unidos sempre tivo numerosos enfrontamentos por estes temas, pero dende que a campaña electoral do actual presidente Donald Trump comezou en 2016, os ataques de odio a negros, musulmáns e inmigrantes creceu considerablemente. Dende o inicio da campaña, as cifras de racismo nos colexios e institutos multiplicáronse por tres, pero non só por parte do alumnado, pois en 2017 unha profesora entregoulle un diploma a unha adolescente hispana no que a recoñecía como a alumna con maiores posibilidades de converterse nunha futura terrorista. Por outra banda, os grupos de odio aumentaron nun 10% en menos dun ano, xeralmente formados por supremacistas brancos que culpan á xente de cor dos problemas do país. Pero un dos maiores problemas que se dan no gran país é a brutalidade exercida polos policías. En 2018 a policía matou a 1166 persoas, das cales un 25% eran negras, a pesar de ser apenas o 13% da poboación do país. Desas 287 persoas, só 96 tiveron un comportamento violento, deixándonos con 191 vítimas inocentes que foron asasinadas simplemente por parecer sospeitosas pola súa aparencia. É por iso que simplemente polo feito de ser unha persoa de cor nos Estados Unidos, tes tres veces máis de posibilidades de ser asasinada por un policía que sendo branca.

Unha campaña que xurdiu para loitar contra o racismo en Estados Unidos é Black Lives Matter, un movemento que comezou en 2013 co uso do hashtag #BlackLivesMatter nas redes sociais, logo da absolución de George Zimmerman, asasino de Trayvon Martin, un adolescente afroamericano que recibira un disparo. É un movemento que protesta regularmente contra a morte de persoas negras en homicidios cometidos pola policía, e pola desigualdade racial no sistema de xustiza penal dos Estados Unidos. Asemade, esta campaña loitou en moitos casos por vía xudicial contra os axentes de policía que mataran a persoas inocentes. Outro movemento destacable é Say Her Name, dedicado a facer xustiza a aquelas mulleres de cor asasinadas sendo inocentes.

Non podemos ignorar a presenza do racismo na nosa sociedade, sobre todo no país considerado o máis poderoso do mundo. Ningún de nós se sentiría a gusto nunha sociedade que moitas veces che da as costas e che menospreza, na que indirectamente tes menos dereitos que os demais e es xulgado polo teu cor de pel. Temos que poñernos na pel do indefenso, e actuar se vemos algún caso de abuso racial, xa sexa aquí ou noutro lugar, hai que loitar por unha sociedade tolerante. A día de hoxe, aínda co apoio que reciben, o pobo afroamericano segue saíndo á rúa sen saber se pola noite volverán á súa casa.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.